ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

ÉRBEDO  DA  POUSA  DE  MONTENEGRO

(TUI)

Actualizada o 28-02-2012
 

Observacións: Existen mais érbedos, na finca, aínda que de menor tamaño e idade. Algúns foron cortados totalmente ou en parte. Están nunha zona a monte cerca  da casa, mesturados con outras árbores, a continuación do prado.

 

 

 

COMENTARIO:

  *Los Pereira  de Castro Montenegro de Arcos en Tui

 “Esta antigua familia de origen portugués constituyó una de las más ilustres de la nobleza tudense de finales del siglo XVI.

    El origen de este noble apellido proviene de la antigua casa y torre de la Camposa, en la montaña de San Pedro de Arcos, Reino de Portugal, cuyo nombre y origen lo traspasa a las inmediaciones de la ciudad de Tui, en Randufe, con la homónima casa y torre de Arcos, de la cual hoy en día tan solo se conservan sus restos en su portalón de entrada y escudos, en el mismo portalón y en la reconstruida iglesia de la Guía perteneciente a la antigua capilla que se encontraba en las inmediaciones de la misma casa.”

( * Extracto de : Los Pereira de C….. , por Ernesto Iglesias  "Cuadernos de Estudios Gallegos”)

 

 

 

Nome científicoArbutus unedo 

 Nome común galego:  Érbedo, moroteiro, morodeiro. 

 Nome común castelán : Madroño 

 Idade estimada: máis de 100 anos 

 Localización

 Concello: Tui

 Parroquia: Randufe

 Lugar: Pousa do Montenegro

Coordenadas UTM, Datum WGS 84: X 527749   Y 4654712

Altitude: 57 metros

 Data fotografías:  10 de maio de 2012

Medidas

 Saen tres ramificacións dende a base

 Altura total :  13,5 metros

 Perímetro basal total:  3,25 metros

 Diámetro 1ª ramificación a 1,30m do chan:  0,39metros

 Perímetro 1ª a 1,30m do chan : 1,25 metros    

 Diámetro 2ª  : 0,31 metros

 Perímetro 2ª : 1 metros

 Diámetro 3ª:  0,35 metros

 Perimetro 3ª: 1,10 metros

 

O ÉRBEDO DA POUSA DE MONTENEGRO
DERRIBADO POLO TEMPORAL 
Actualizada o 09-01-2014
       Este érbedo, de mais de 100 anos e un tamaño considerable para a súa especie, quizais o mais vello e de maior tamaño do Baixo Miño, cando menos o maior por nós coñecido, veu de ser derribado no día de Noiteboa por mor do temporal. Faltoulle o arborado que o protexía dos ventos do sur, que  fora cortado recentemente, deixando o érbedo desamparado ante as inclemencias do tempo, esa pode considerarse a causa principal de que caíra.

        A noticia do suceso foinos dada polo seu propietario Antonio Castro, quen vai tratar de recuperalo, que se puxo en contacto con ANABAM e que nos atendeu amablemente para poder realizar esta reportaxe, agradecémoslle dende esta páxina o seu interese e a súa colaboración.(Fotografías: Ricardo da Slva Diz)

 

 
      Antonio Castro, á esquerda, propietario do érbedo, e Emilio, axente forestal, un dos responsables desta sección.
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS