ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

MAGNOLIO DA CASA NEGRA

(TUI)

Actualizada o 15-01-2014

 


Nome científico: 
 Magnolia grandiflora

Nome común galego:  Magnolio 

Nome común castelán:  Magnolio 

Idade estimada:   Máis de 90  anos 

Concello: Tui 

Lugar:  Rua Tide ( zona monumental) 

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM  29 T:  X 529560  Y 4655125 

Altitude:  45 metros 

Data e autor das fotografías:    28 -12 - 2013 , Luís Dorado Senra 

Medidas   

Altura:  18 metros  

Diámetro a 1,30 m :  0.85 metros 

Perímetro a 1,30 m:  2.70 metros 

 

 

Observacións: 

A Casa Negra: con este nome coñécese popularmente en Tui a este caserón do século XVIII, hoxe en día convertido en hotel co nome de ‘A Torre do Xudeu’.

Imos anotar varios fragmentos do libro “Pazos e Casas de Tui” do historiador tudense Suso Vila-Botanes, para saber máis desta casa.

* -A hipótese mais probable para este curioso nome talvez se deba a presenza a comenzos deste século de varios coéngos na casa, entre eles o famoso Mestre de Capela da S.I.C. D. Manuel Martínez Posse.

Esto fornecería a imaxinación popular, quen colocaría todo un rosario de espíritos atormentados pola Santa Inquisición, que para a xente estaría alí de vello ubicada.

 A historia e o que dí a xente poden ser cousas moi diferentes. A realidade é  que nesta casa nunca estivo a Santa Inquisición, que nin sequera tivo “local” en Tui.-

 *-Na fachada norte salienta o cuarto da cociña, da que sae unha gran cheminea con grosa cornisa e rematada no clásico pináculo, esta vez en forma de balaustre; cara ao leste ubícase un miradoiro que comunica coa solaina e ten a particularidade de estar feito sobre unha das torres da muralla medieval tudense (século XII ) curiosamente chamada “Torre do Xudeo” na documentación medieval.-

 *- A casa posúe un amplo xardín (destaca o gran Magnolio, con mais de 200 anos).-

 Parece que un gran Magnolio presidiu o xardín según consta en  documentación que posúen os propietarios do hotel e que corrobora Suso Vila, pero pensamos nós que tivo que ser outro o magnolio deses escritos, pois polas súas características este exemplar non debe ter tantos anos como iso suporía .

  Para saber mais do hotel, con fotografías do interior incluídas, véxase:   www.atorredoxudeu.es

 

    A capela de San Telmo dende a Casa Negra
    No centro da imaxe, un dos responsables desta sección, Ricardo da Silva, observando o magnolio con Antonio e Juanín.
 
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS