Concello: Tui
Parroquia: Paramos
Lugar: Monte das Penizas
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 532119
Y 4657640
Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restricións)
- Fonte de auga potable
- Bancos e mesas
- Asadores
- Cafetería
- Campo fútbol
Acceso: Coche: Si Autobús : Si
Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 26 -04 -2014
Descripción e algúns datos de interes
Área situada no alto do monte das Penizas, onde tamén se celebran, na explanada que ocupa a parte máis alta,
diferentes actividades, como festas gastronómicas, musicais etc. Tamén hai un Paintball.
É curioso o arborado desta Área, formado principalmente por frutais, como cereixeiras, nispereiros, ameixeiras,
figueiras, loureiros, laranxos e o arborado forestal e de carballos e robles americanos entre outros.
As vistas panorámicas cara ao o río Miño e á Veiga do Louro, con Tui de fondo, son o mais agradecido deste lugar.
Imaxe: As mesas
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente
non teñen recollida nestas épocas do ano.
Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios, disfrutámolos todos.