EQUIPO RESPONSABLE
 
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................ José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis Dorado Senra (Dereita)
 
 COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
 
Área recreativa da Casa Forestal de Oia

Concello:
   Oia                                                                   
Parroquia: Oia
Lugar:        Valdarcas
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   511917
                                                                                   Y 4649709
 
Instalacións:   - Acceso a persoas con discapacidade
                         - Fonte - Auga potable
                         - Bancos e mesas
                          -Asadores
 
Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si
 
Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Maio – Xuño 2015
 

Descripción e algúns datos de interese

 Oia, Tui, A Guarda, Baiona y Ponteareas fueron, por este orden, los municipios pontevedreses que acogieron,  a partir de 1909, las primeras repoblaciones forestales en montes vecinales por cuenta de la Administración  del Estado en Galicia...”

 “A fin de atenuar un poco aquella situación de acoso y desamparo que tanto sufrieron las iniciativas repobladoras  en Oia, en 1910 se inicio la construcción de la primera casa forestal en el lugar de Valdarcas...”*

 
De la reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad, 1927 – 1958 ”.
Autor: Rafael López Torre
Edición: Tekla comunicación, 2009
 
 Como se relata nestas citas, a Área recreativa está situada ao carón das ruínas da que foi a primeira Casa Forestal da provincia de Pontevedra, este feito engádelle unha importancia histórica a este lugar de lecer que merece ser resaltada.
 Para chegar a Área, se subimos dende Oia, pasaremos polo inicio da Ruta Máxica de Oia. Está próxima ao lugar onde se celebra o curro da Valga, que tamén conta cunha Área recreativa.
 Outro lugar destacable bastante próximo é o Alto do Castelo, no que poden verse os restos dun castro,  ademais de fermosas vistas sobre a rasa de Oia, este lugar é utilizado para despegar polos afeccionados ao parapente.
 A pesares de estar en ruínas, a casa aínda conserva o seu encanto, e pode imaxinarse o aspecto que puido ter no seu día.
 O que foron, daquela  os hortos, da casa para sustento do ‘guarda’ e a súa familia, son hoxe parte do espazo utilizado como Área recreativa.
O arborado é moi variado, e así podemos atopar  loureiro cereixo (Prunus laurocerasus), diferentes cipreses (Cupresus sp.), alerce europeo (Larix decidua), figueiras (Ficus sp.), liquidambar (Liquidambar styraciflua), carballo americano (Quercus rubra) etc.

 

 
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.
 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.
 
 Vista do Mosteiro de Oia e da rasa atlántica.
Actualización: 07-08-2015
GUÍA  ANABAM  DAS
 
ÁREAS  RECREATIVAS  DO  BAIXO  MIÑO
 PORTADA   BAIXO NIÑO   ÍNDICE  E  MAPA  INTERACTIVO DAS  ÁREAS RECREATIVAS