RAREZA ORNITOLÓXICA PENÍNSULAR NO CENTRO URBANO DA GUARDA
     Eran arrededor das dez e media da mañá, catro de xaneiro deste recén estreado 2019, cando soa o teléfono de ANABAM. No outro lado unha voz nos comenta que acaba de recoller un ave na rúa Brasilino, aquí na Guarda (a rúa Brasilino está no mesmo centro urbano) porque estaba en perigo de ser atropelado e non saía de alí. Lle decimos que se pode nola traia, que nos facemos cargo dela.
 
       En dez minutos, Araceli Coedo G., a persoa que a recolleu, se achega con ela. Aínda que vemos que é un ave de marisma, descoñecemos por completo a especie. É a primeira vez que a vemos. Mais en ANABAM temos estupendos colaboradores que cando o precisamos, non dubidan en botar unha man. Tiramos unhas fotos e llas enviamos a Marta Robles e Jose Arcas. De seguido póñense mans á obra. En pouco tempo temos o nome: Camón de allen.  Unha rareza non, o seguinte. Apenas hai citas desta ave na Península. Na páxina da SEO lemos que entre o período 1984-2003, esta entidade ornitolóxica homologou 14 citas das que 3 corresponden a observacións en Andalucía e 6 ás Illas Canarias.
 
       Iniciada unha búsqueda bibliográfica doutras posibles citas para a Península Ibérica, o resultado desa consulta aparece reflectido na táboa 1.
     O achádego se produciu en pleno centro da Guarda. Día soleado, pero frío. A temperatura sería sobre os cinco ou seis graos. Cando a tivemos na man a ave non facía ademán de se escapar, agás pequenos movementos de liberación por momentos. Observámola atentamente para ver se presentaba algunha ferida externa. Aparentemente estaba en boas condicións. Introducímola nunha gaiola para a súa observación. Estaba tranquila. Optamos por non darlle alimento ata a tarde. Deixámola tranquila na gaiola e marchamos. Pola tarde adquirimos vermes dos utilizados para a pesca co fin de que se alimentara. Cando chegamos novamente xunto ao camón, observamos que as condicións iniciais xa non eran as mesmas. Mantíñase ergueito, pero pechaba constantemente os ollos. Mal síntoma para nós. A idea era, de continuar en bo estado, soltalo ao día seguinte na marisma de Salcidos. Observámolo durante un rato. Non prestou interese aos vermes. Quedábase quieto e pechaba os ollos constantemente, abríndoos soamente cando sentía algún ruído. Estabamos seguros que non chegaría ao día seguinte. Deixámolo só e que fose o que tiña que ser. Ao día seguinte pola mañán, achegámonos ata onde estaba. Tal e como imaxinamos, a ave xacía sen vida na gaiola. Lamentablemente, esta segunda cita de camón para Galicia non resultou nada positiva.
 
     As posibles causas da morte puideron ser, inicialmente, tres: a primeira o cansancio e falta de alimentación. Unha viaxe demasiado longa, a zona natural desta ave é subsahariana, onde vive nas marismas. Unha segunda causa, menos probable, é que levase algún golpe. E a terceira, puideran ser as baixas temperaturas que mermaran a súa capacidade de resistencia.
 
DESCRIPCIÓN DA AVE IN SITU
 
         Trátase dun exemplar xuvenil.
         Peteiro: vermello anegrado, ancho, que se 
               prolonga nun "escudete" sobre a fronte.
         Patas: longas, con dedos moi longos tamén.
         Plumaxe externo das ás: tono verdoso metálicos.
         Plumaxe do peito: cor crema
         Muslos: presentan cor negra.
         Cor patas: avermelladas,
         Cor xeral: marrón.
 
         TAMAÑO:
 
         Lonxitude, extremo cola a extremo peteiro: 21 cm.
         Peteiro: largo, 2cm; ancho, (medido na base) 1 cm,
         Tarsos: 5 cm.
         Dedo máis longo: 4,5 cm.
         Uña dedo máis longo: 1,5 cm.
                 
     Agradecementos:
 
          -A Araceli Coedo González, por preocuparse de coller a ave, poñerse en contacto con ANABAM e permitir deste xeito ter esta importante cita.
 
          -A Marta Robles e Jose Arcas, polo interese tomado e pola súa necesaria e imprescindible colaboración na identificación.
 
         -A Noé Ferreira Rodríguez, polas notas aportadas para completar o artigo.
 
          -Ao compañeiro "Peque" (Manuel Á. Pombal Diego), por darlle un vistazo para eses erros que nos pasan desapercibidos durante a redacción.
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
 
05/xaneiro/2019
CAMÓN DE ALLEN
Porphyrio alleni
PORTADA       FAUNA       
Status:
 

Aínda que a especie esta clasificada pola IUCN como “Preocupacion menor”, as súas poboacións están en descenso. É unha especie migratoria e, aínda que as súas migracións realízanse dentro de África, dende finais do seculo XX temos rexistros da especie na Península Ibérica, como reflectimos na táboa anterior. De novembro a febreiro, o trópico norte experimenta unha estación chuviosa. Durante esta estación as poboacións ao norte do ecuador migran cara ao norte. Deste xeito a maioría dos rexistros ocorren entre os meses de decembro e febreiro (aínda que existen excepcións de exemplares localizados no mes de abril e agosto)