|
Ten forma cónica. Asemella estar formada por unha cinta
de papel enrolada sobre se mesma, contendo no interior desta estructura as
celdas. Estaba ubicada no teito dunha casa e construcción, en Pedornes (Oia)
e houbo que sacar de alí a colmea para que poideran traballar os operarios.
Hoxe esta estructura permanece en ANABAM para ser exposta proximamente xunto
a outros mataeriais relacionados coa natureza.
A
doazón fíxoa o apicultor José González Domínguez ("Barco") e Manuel A.
Pombal ("Peque"), este último membro de ANABAM.

Vista do avispeiro
momentos antes de proceder a súa retirada.
(Foto: Manuel A. Pombal-anabam)

Primeiro plano do avispeiro, unha impresionante estructura que nos
marabillou.
(Foto: Manuel A. Pombal-anabam)

Barco, o apicultor que colleu o avispeiro antes de que fose estragado
por mor das obras que se estaban a facer.
(Foto: Manuel A. Pombal-anabam)

Perfectamente
protexido, "Barco" recolleu o pasado 20 de xullo a estructura con
toda delicadeza para evitar estragala.
(Foto: Manuel A. Pombal-anabam).

Dolichovespula norvegica, é a avespa responsable
deste avispeiro e caracterízase por non ser agresiva.
(Foto: Manuel A. Pombal-anabam)
|