Charadrius alexandrinus
NA  PRAIA  DE  CAMPOSANCOS
(A GUARDA)
     Charadrius alexandrinus é unha pequena ave, aproximadamente do tamaño dun merlo, que no NW peninsular habita nos areais costeiros. No  Baixo Miño galego-portugués atopámolo na praia de Camposancos (A Guarda) e nas praias entre A Foz (Caminha) e Paçô (Carreço-Viana do Castelo).
 
     Na praia de Camposancos non é habitual a súa presenza, caso contrario sucede nas praias do norte portugués, onde estas aves son sedentarias, aínda que hai individuos migrantes parciais, isto é, provintes doutras zonas de Galicia e, de Portugal.
       A praia de Camposancos, na Guarda, é a única zona de nidificación desta especie no que ao Baixo Miño galego se refire. Na franxa costeira galega teriamos que desprazarnos case que 30 quilómetros en liña recta e dirección norte, para atoparnos coa primeira área potencial de cría da especie na bisbarra citada, máis próxima a esta. Mais, basta cruzar a desembocadura do Miño, ou sexa, un par de quilómetros, para contactar coa poboación máis cercana que temos ao extremo sur pontevedrés. É máis, como veremos noutro apartado, nunha franxa de 15 quilómetros atoparémonos coa maior poboación nidificante da especie do NW peninsular, con máis de cincuenta parellas.
     Mapa de distribución de Charadrius alexandrinus no Baixo Miño galego-portugués.
 
     Os círculos vermellos indican a área onde a presenza da especie así como a nidificación, non é a habitual.
     Os círculos verdes sinalan a área de presenza e nidificación habitual.
 
   
       ANABAM comezou a interesarse pola protección desta especie no ano 2001, logo de ver as poucas ou nulas posibilidades de que as postas puideran saír adiante.
     ANABAM foi pioneira na Península Ibérica en levar a cabo medidas efectivas de protección. Actualmente, estamos a espallar este modelo polo país veciño, para iso contamos co apoio e colaboración do CMIA (Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental) de Viana do Castelo), ademais de contar coa colaboración, na outra parte do Miño, coa Cámara Municipal de Caminha, a Capitanía e Policía Marítima de caminha e de Viana do Castelo. Contamos tamén coa colaboración de personal da asociación ancorense NUCEARTES.
 
 
RESULTADOS DE 16 ANOS DO PROXECTO PÍLLARA NA PRAIA DE CAMPOSANCOS (A GUARDA)
 
 
 
  NIÑOS OVOS
OVOS
ESTRAGADOS
NACEMENTOS VOANDEIROS NOTAS
1999
1
3
3
0
0
Descuberto accidentalmente. Sen protección.
2000
1
3
3
0
0
Idem.
2001
?
?
?
?
?
Probablemente sen éxito por limpeza mecánica da praia.
2002
4
12
12
0
0
Só protexido para persoas, pero non para depredadores.
2003
?
?
?
?
?
Dedicamos toda a campaña a paliar os danos do Prestige.
2004
2
5
0
2
1
Sen protección. Se ben dende o ano 2002 a zona non se limpaba con maquinaria.
2005
5
15
14
1
0
Idem.
2006
3
9
9
2
2
No último niño melloramos a protección contra aves depredadoras.
2007
3
8
0
8
3
A protección contra carnívoros e aves (corvos, gaivotas) deu resultado
2008
-----
-----
----------
----------
----------
Non houbo nidificación
2009
-----
-----
----------
----------
----------
Non houbo nidificación
2010
-----
-----
----------
----------
----------
Non houbo nidificación
2011
-----
-----
----------
----------
----------
Non houbo nidificación
2012
3
8
0
8
6
Coa protección definitiva, resultado do 100% de nacementos.
2013
4
11
6
5
1
Non chegamos a tempo de protexer os dous primeiros niños.
2014
4
11
0
8
4
Un niño con ovos non viables
2015
-----
-----
----------
----------
----------
Non houbo nidificación
2016
-----
-----
----------
----------
----------
Non houbo nidificación
2017  ----- -----
----------
 ----------  ----------
Non houbo nidificación
        30   85          47             34              17        Porcentaxe de polos voandeiros 50% sobre nacementos           
ANÁLISE DOS DATOS NA PRAIA DE CAMPOSANCOS
     Ata o ano 2001, incluido este ano, descoñecemos todo sobre a píllara das dunas no que respecta a súa nidificación na praia de Camposancos, a excepción de dous niños localizados accidentalmente nesa praia, un no ano 1999 e outro no ano 2000, cuxos ovos se estragaron ao seren pisados. Estimamos que ata ese ano o éxito reprodutor, é dicir, polos voandeiros, foi nulo ou anecdótico, pois toda a superficie do areal se limpaba mecanicamennte a partir de xuño.
 
     A partir do ano 2002, incluido este ano, comezamos co Proxecto Píllara consistente na toma de medidas para protexer protexer os niños desta especie. Descoñeciamos todo sobre de que xeito podiamos facelo, así que todo foi indo a base de acerto/erro e, en consecuencia, ir mellorando o sistema de protección ata conseguir un sistema 100% seguro. Iso aconteceo a partir de mediados da tempada 2006, onde a última posta que houbo se gozou xa da protección definitiva.
 
     O resultado dos nosos estudos e das medidas tomadas por nós, nos indican  que sen protección practicamente ningún niño ía adiante. Os primeiros sistemas utilizados (delimitación perimetral duns dez metros de radio arredor do niño, só era eficaz para as persoas e actividades humanas); a mellora do método, instalación de gaiola con malla ampla, foi eficaz contra depredadores carnívoros (raposos, cans); a definitiva, instalación de gaiolas con malla de cadrados de 5 cm de lado cada cadrado, foi eficaz contra corvos, gaivotas, etc. Con este sistema conseguimos que o 100% dos ovos eclosionaran (agás aqueles que non estaban fecundados ou tiveron algún problema que non fixo viable a eclosión).
 
      Se analizamos os datos, observamos que nos cinco anos nos que non houbo protección ou esta era deficiente, o número de polos voandeiros foi de un individuo. Cando se adoutou a protección definitiva, outros cinco anos, o número de polos que voaron foi de 16 exemplares. Está claro que na praia de Camposancos, ao igual que na maioría, esta especie vai depender directamente de nós para a súa supervivencia.
 
     Como resume dos principais problemas que afectan e dan ao traste cos niños, son:
          -Actividade humana (lecer, limpeza areal)
          -Acceso de animais silvestres e/ou mascotas:
                         -Raposos, cans,
                         -Corvos, posiblemente gaivotas, gaviáns
                         -Lagartos
          -Nalgúns casos puntuais, as mareas vivas.
 
     Poidemos ver que tódolos problemas anteriores son supceptibles de erradicarse, posiblemente o máis complicado sexa o dos lacértidos, xa que estes poden entrar no interior da gaiola, pero a depredación por parte de lagartos dase en contados casos.
RESULTADO POR TRAMOS DA PRAIA DE CAMPOSANCOS
      Con moita diferencia, O Puntal, praia máis marítima que fluvial, é o tramo máis importante para a reprodución da píllara na praia de Camposancos, xa que, xustamente, o 80% das postas se producen no mesmo aportando máis do 70% dos polos que nacen en toda a praia.  
 
  nº niños nº ovos nacementos voandeiros
O Puntal 24 69 24 12
O Muíño  1 3 1  0
O Forte 2 5 4  3
A Lamiña 1 3  3  0
A Armona 0   0   0
O Codesal 2 5 2 2
PORCENTAXES
      Sen medidas de protección ou medidas deficientes:
 
 
Nacementos: 7,89 % sobre nº de ovos.
Polos voandeiros: 2,63 % sobre nº de ovos.
Polos voandeiros: 33,33 % sobre nacementos
 
    Con medidas de protección definitivas
 
Nacementos: 55,35 % sobre nº de ovos.
Polos voandeiros:28,57 % sobre nº de ovos.
Polos voandeiros: 51,61 % sobre nacementos.
 
    Está claro que diante destes resultado, sobra calquera comentario.
 
Nome galego: Píllara das dunas; píllara papuda.
Nome portugués: Borrelho-de-coleira-interrompida.
Portada
Biodiversidade
Índice píllara/borrelho
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
Coordinación proxecto praia de Camposancos:
                                      -Agustín Ferreira Lorenzo
 
Coordinación proxecto praias norte Portugal:
                                      -Noé Ferreira Rodríguez
 
Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
                               -Dorado Senra, Luis
                               -Ferreira Lorenzo, Agustín
                               -Ferreira Lorenzo, Antón.
                               -Ferreira Rodríguez, Noé
                               -González de Dios, Mª Consuelo
                               -Pombal Diego, Manuel A.
                               -da Silva Diz, Ricardo.
 
 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:Luis Dorado Senra         
Agustín Ferreira Lorenzo
Noé Ferreira Rodríguez  
     
      As píllaras/borrelhos dependen de nós.
 
     Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ