Charadrius alexandrinus
medidas protección
MATERIAL: A continuación expoñemos as medidas de protección que levamos a cabo en ANABAM con resultados moi positivos e que consiguen que, agás algunha excepción, se protexan os ovos ao 100%.
    VALADO PERIMETRAL: Cun radio de 10 metros, a partir da gaiola, colocamos unha cinta que indicará a área de protección. Os usuarios da praia non deberían pasar ao interior da mesma. Se a praia é frecuentada, a píllara  habituarase á presenza da xente, sempre e cando non pasen ao interior do valado, e permanecerá chocando os ovos. Se a praia é pouco frecuentada, é probable que a píllara se erga a miudo.
 
     Para este valado precisaremos 8 ou 9 estacas, dun metro de alto. A cinta non convén que estea moi arriba para evitar a forza do vento, polo que podemos colocala a uns 25 ou 50 centímetros do chan. Convén poñer doble cinta, suxetas unha contra outra e cada tramo atado á estaca, así se evita que no caso de rotura, quede todo o valado sen cinta.
    CARTEL INFORMATIVO: Colocaremos un ou dous carteis informativos nas proximidades do valado. Nel explicamos brevemente as razóns do valado e a un par de consellos, como poden ser,  non entrar ao interior e afastarse do recinto se a píllara se ergue do niño.
GAIOLA ANTIDEPREDADORES: Feita con rede metálica, galvanizada. Disposta en forma circular, radio mínimo 0,75 metros. Altura mínima, 0´5 metros. Os buratos da malla de 5 centímetros de lado. A parte superior cubrímola con simple "rede de galiñeiro", cuxa función é a de evitar posibles depredadores que entren por riba.
 
     Os paus cruzados (que se poden atopar na mesma praia) teñen por obxecto evitar posibles movementos polo vento ou que sexa facilmente levanta por algún depredador. Pode empregarse outro material (pedras amarradas contra a gaiola) que cumplan co mesmo obxectivo.
    INFORMACIÓN: Finalmente, convén explicar aos usuarios da praia que se acercan ao valado algúns pormenosres do proxecto. Que ventaxas ten o valado. Como axudamos así á píllara, etc.
 
    ACTUACIÓNS NA PRAIA: Non é menos importante para a supervivencia da píllara as accións que se levan a cabo no areal. Así, naquelas praias nas que se efectúe a limpeza, esta debera facerse de xeito manual, que é máis respectuosa co medio e causará menos dano sobre as postas e os polos.
Portada
Biodiversidade
Índice píllara/borrelho
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
Coordinación proxecto praia de Camposancos:
                                      -Agustín Ferreira Lorenzo
 
Coordinación proxecto praias norte Portugal:
                                      -Noé Ferreira Rodríguez
 
Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
                               -Dorado Senra, Luis
                               -Ferreira Lorenzo, Agustín
                               -Ferreira Lorenzo, Antón.
                               -Ferreira Rodríguez, Noé
                               -González de Dios, Mª Consuelo
                               -Pombal Diego, Manuel A.
                               -da Silva Diz, Ricardo.
 
 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:Luis Dorado Senra         
Agustín Ferreira Lorenzo
Noé Ferreira Rodríguez  
     
      As píllaras/borrelhos dependen de nós.
 
     Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ 
    OUTRO MATERIAL: Martelo; tenaciña;cuter; grapadora+grapas; bridas; silicona; cinta adesiva transparente.