Charadrius alexandrinus
COÑECER  Á  PÍLLARA/BORRELHO
 
 
ONDE APARECEN OS NIÑOS?
 
     Polo común, os niños están sobre a parte da praia que non ten vexetación, ou esta é moi escasa, ou sexa, van estar preferentemente dende a liña de marea ata a vexetación dunar.
 
Portada
Biodiversidade
Índice píllara/borrelho
COMO SON OS NIÑOS?
 
     O niño é unha simple coviña no chan. Os ovos están directamente na area. Poden estar camuflados entre cunchas ou ben non ter nada ao seu arredor. Son da mesma cor que a area polo que resulta difícil decatarse da súa presenza, deste xeito pasan desapercibidos ante posibibles depredadores.
QUEN CHOCA OS OVOS?
 
     Pois tanto o macho como a femia. Normalmente a femia faino polo día e o macho pola noite. Pero non sempre é así. As veces un dos dous proxenitores marcha da zona, polo que todo esforzo da cría recae no adulto que queda.
COMO DISTINGUIR O MACHO DA FEMIA?
 
     O macho ten a cabeza dun tono amarelento, cunha franxa escura na fronte. As meixelas tamén teñen unha mancha negra ao igual que no pescozo. As veces os machos carecen do tono amarelento. A femia non ten amarelo na cabeza e carece das manchas escuras.
QUE TEMOS QUE SABER DOS POLOS?
 
     Os polos son nidífugos, isto é, ao pouco de nacer xa corretean polo areal. Teñen unhas patas desproporcionadas e o corpo está cuberto de plumón.
PERIGOOOOOOOO!!!!!!
 
     Os polos cando atisban un posible perigo achántanse e permanecen inmóbiles todo o tempo que sexa necesario. Aínda que esteamos ao seu lado non se van mover para nada. Por iso, cando se limpa a praia mecanicamente moitos deles son levados pola pala ou esmagados.
OS PRENIÑOS
 
     Antes de ter o niño definitivo, o macho vai facer uns cantos preniños que son pequenas covas na area semellantes aos niños.
 
     A posta normal son tres ovos.
     Non é raro que aparezan postas de dous ovos.
 
     Pero as veces, aínda que é raro, pode aparecer algunha posta con catro ovos ou cun só. Neste último caso, adoitan abandonar o niño.
DEFENSA DOS NIÑOS E POLOS
 
     Cando os proxenitores decátanse dalgún posible perigo para as postas ou para os polos, teñen un curioso comportamento para atraer a atención. Vanse facer os feridos e mesmo sobrevoar moi próximo ao potencial perigo, deste xeito tratan que ese potencial perigo vaian tras deles e así van alonxandoo da zona de nidificación ou dos polos..
PEGADAS
 
     Para saber se nunha determinada zona temos píllaras, soamente temos que prestar atención ás pegadas do chan. .
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
Coordinación proxecto praia de Camposancos:
                                      -Agustín Ferreira Lorenzo
 
Coordinación proxecto praias norte Portugal:
                                      -Noé Ferreira Rodríguez
 
Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
                               -Dorado Senra, Luis
                               -Ferreira Lorenzo, Agustín
                               -Ferreira Lorenzo, Antón.
                               -Ferreira Rodríguez, Noé
                               -González de Dios, Mª Consuelo
                               -Pombal Diego, Manuel A.
                               -da Silva Diz, Ricardo.
 
 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:Luis Dorado Senra         
Agustín Ferreira Lorenzo
Noé Ferreira Rodríguez  
     
      As píllaras/borrelhos dependen de nós.
 
     Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ 
COÑECER MELLOR Á PÍLLARA/BORRELHO
 
     Os textos e fotografías que veñen a continuación, teñen como finalidade dar a coñecer un pouco máis a esta especie. Pensamos que poden vir ben sobre todo para aquelas persoas que non están familiarizadas con esta ave.
 
     De xeito moi resumido espoñemos os aspectos que consideramos máis salientables.
CANTOS OVOS POÑEN?