Charadrius alexandrinus
ASÍ TRABALLAMOS
 
 
Portada
Biodiversidade
Índice píllara/borrelho
      No 2001 iniciamos na praia de camposancos o PROXECTO PÍLLARA e, no 20012, comezamos traballar neste proxecto no norte de Portugal, bautizado aquí como PROJETO BORRELHO. Levamos xa, pois, unha morea de anos desenvolvendo medidas de protección e divulgación a prol dun ave que precisa da nosa axuda. Neste senso, se non estamos mal informados, fomos pioneiros, tanto no estado español como no portugués, en desenvolver medidas efectivas e prácticas para tratar de paliar, na medida do posible, a precaria situación que padece esta pequena ave. Hoxe estas medidas xa teñen un carácter oficial en Galicia, por parte da Xunta e, nestes intres, grazas ao CMIA de Viana do Castelo, e a persoal da asociación NUCEARTES, o proxecto espállase pouco a pouco polo veciño país. 
      ANABAM desenvolve toda unha batería de medidas para que o proxecto, tanto na súa versión galega como na versión portuguesa, acade os mellores resultados. Neste senso, movémonos tanto na protección como na divulgación, estudo e observación das píllaras. Iso permítenos ter un coñecemento permenorizado da problemática desta especie no Baixo Miño galego-portugués, así como coñecer bastante ben todo o relacionado coa mesma neste recuncho do NW peninsular.
      A divulgación e información do proxecto é unha parte fundamental neste proceso de protección. Pero tratamos de que a cousa non só quede aí, senón que pretendemos implicar á poboación, de facela partícipe dos traballos prácticos para que as persoas interesadas tomen este proxecto como algo propio e, en consecuencia, que todo saia o mellor posible.
CO APOIO ECONÓMICO DE
WEEDEN FOUNDATION
Coordinación proxecto praia de Camposancos:
                                      -Agustín Ferreira Lorenzo
 
Coordinación proxecto praias norte Portugal:
                                      -Noé Ferreira Rodríguez
 
Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
                               -Dorado Senra, Luis
                               -Ferreira Lorenzo, Agustín
                               -Ferreira Lorenzo, Antón.
                               -Ferreira Rodríguez, Noé
                               -González de Dios, Mª Consuelo
                               -Pombal Diego, Manuel A.
                               -da Silva Diz, Ricardo.
 
 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:Luis Dorado Senra         
Agustín Ferreira Lorenzo
Noé Ferreira Rodríguez  
      Manter conversas con outras entidades, coa administración e con grupos de traballo da píllara, forma parte do noso proxecto. Por que as medidas de protección son máis efectivas cando hai moita xente implicada e todos remamos na mesma dirección.
     
      As píllaras/borrelhos dependen de nós.
 
     Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ