CARRIZAL - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

CARRIZAL

DIVULGACIÓN PUBLICACIÓNS

Se queres subscribirte preme AQUÍ


PUBLICADO O Nº 1 DA 2ª ETAPA DO BOLETÍN "CARRIZAL"

   Sete anos despois da publicación do último número do CARRIZAL, xaneiro 2012, nº 199, deixouse de publicar este boletín que, practicamente de xeito mensual informaba sobre o medio ambiente, natureza, e actividades desenvolvidas por ANABAM. Agora, volve ver a luz co mesmo formato pero con máis páxinas, un total de 40, impresas a toda cor, ampliando os contidos a aspectos culturais como poden ser, entre outros,  a etnografía ou a historia da bisbarra baixomiñota, sen esquecer o principal aspecto no que se move esta asociación: o patrimonio natural. Sairá á rúa cada dous meses. As persoas socias de ANABAM recibirana gratuitamente. As demais poden subscribirse (18 € seis números ou adquirila individualmente 3,50 €/número). Estamos abertos á colaboración de cantas persoas desexen divulgar os seus estudos, inquedanzas, observacións nos temas citados anteriormente, para iso non teñen máis que poñerse en contacto con ANABAM (anabam.anabam@gmail.com).
   
   
    Esperamos que a revistiña ou boletín, como prefirades chamarlle, sexa do interese de cantas persoas teñan acceso a ela e, pouco a pouco, vaia atopando novamente, un posto na divulgación particular desta bisbarra.
Regreso al contenido