V  Í  D  E  O  S
divulgacion003006.jpg divulgacion003005.jpg divulgacion003004.jpg
12 MESES, título xenérico desta serie de tres vídeos, foi un traballo de campo levado a cabo polos membros de ANABAM: Carlos Angílica Entenza, Mª Consuelo González de Dios e Ricardo da Silva Diz, ao longo dos doce meses do ano 2017, no que durante unhas horas dun día determinado de cada un dos meses, realizaron gravacións. O resultado final é o que amosamos nestes vídeos. A idea era ver os cambios que sufre a paisaxe durante o ano.
divulgacion003003.jpg
FENTOS ARBÓREOS DE OIA
Portada
Índice
Vídeos
Publicacións
Produción Científica
Blogues
divulgacion003002.jpg
Premer na imaxe para ver o vídeo "A SENDA DOS MUÍÑOS DO RÍO TRIPES

OS  MUIÑOS  DO  RÍO  TRIPES

Texto: Ricardo da Silva Diz

02/04/2018   

Os ríos como elementos vivos acollen a unha gran variedade de organismos ao estar presentes elementos indispensables  para a vida.

    Os ecosistemas fluviais non pasan polo seu mellor momento perdéndose o 60% dos humedais españois nas últimas décadas.

    É necesario conservar un espazo natural con estas características, conservar tamén o seu entorno e os usos tradicionais respectuosos co medio.

    Transmitir o pasado tamén é deixar un futuro mellor para as próximas xeracións.

    A asociación“Muiñeiros do río Tripes” encargase de conservar no mellor estado posible 25 muíños dos 37 que ten o río.

    Os muíños atópanse integrados perfectamente no entorno dándolle ao mesmo carácter e personalidade.

     Pasear polas antigas corredoiras ou camiños de servicio dos muíños é unha forma de reencontrarse co pasado.

    As pedras dos camiños son testemuña do paso dos carros que transportaban os cereais e recollían as fariñas nos muíños.

    Os muros construídos sobre as beiras do río son testemuña do aproveitamento ao máximo das terras máis ricas do entorno.

    As pontes, algunhas feitas unicamente con unha soa pedra e coa única función de facilitar o paso dunha beira a outra do río.

     E os lavadoiros de pedra próximos tamén a corrente do río.

     A senda que recorre os muíños iníciase na parte baixa do río no denominado “Xan Benito”  e remata no último dos muíños o “Muiño da Figueira”.

Paseando por estes sendeiros poderemos contemplar árbores de ribeira: Freixos, amieiros, salgueiros, que ocupan as beiras do río. Plantas acuáticas e fentos que xorden das augas co inicio da primavera.

Os anfibios propios de estes espazos húmidos. As aves que atarefadas pasan de árbore en árbore na procura do seu alimento ou as que o atopan no propio río.