|
Drosera rotundifolia ten unha presencia vestixial no Baixo Miño.
Poderiamos clasificala, a nivel comarcal, como unha especie vulnerable, e
polo tanto susceptible de engrosar o listado de especies que poderían ser
consideradas no futuro como seriamente amenazadas. As poboacións desta
planta no Baixo Miño son cativas e dispersas, localizadas en puntos
concretos. Ás veces prodúcese unha actuación sobre estas zonas (como
sucede, por exemplo, nos Muíños do Folón e Picón), que inciden negativamente
sobre elas e acaban por estragalas.
ANABAM está a levar a cabo un traballo de campo relacionado coas tres
especies de "plantas carnívoras" co obxecto de trazar futuros plans de
protección e conservación da especie na nosa comarca, xa que éste é o camiño
que pode evitar a súa merma ou paulatina desaparición.

Primeiro plano que nos amosa con detalle a sustancia
viscosa segregada por cada pedúnculo da folla. Nesta substancia quedan
pegados os diminutos insectos (aínda que xa chegamos ver mesmo bolboretas)
que servirán de alimento á drosera.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

Precioso manoxo de rotundifolias. Tanto ésta como
a anterior fotografía foi obtida nos arredores dos Muíños do Folón o pasado
20 de xullo.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)
|