|
| |
|
Actualizado o 29-05-2008 |
|
ESCOLA INFANTIL VILALAURA
-VISITA AO TREGA-

68
alumnos da Escola Infantil Vilalaura, de Vigo, de entre 4 e 5 anos,
visitaron o monte Santa Trega nunha das moitas visitas que ao cabo do ano
organiza ANABAM cos escolares para divulgar os valores deste monte e darlles
a coñecer a súa riqueza arqueolóxica, paisaxística e inmaterial (lendas e
tradicións).
Os escolares, malia súa curta idade, amosáronse curiosos e
interesados por saber como vivían os que ocuparon esta altura, disfrutaron
co enigmático “volcán’ que esconde unha das rochas do monte, acariñaron un
vello sauce no que aniña un paxariño e visitaron a ermida e o museo, onde
descubriron novas historias que lles contou o monitor de Anabam.
A visita foi valorada positivamente polos profesores que
destacaron a complicidade do guía de Anabam cos escolares para conseguir
centrar a atención dos mesmos no que se lles estaba a contar.
COLEXIO NEIRA VILAS
(GONDOMAR)

Visitas guiadas ao poboado castrexo
do Monte Santa Trega........636.091.089
|
|
Actualizado o 05-05-2008 |
|
Alumnos
do colexio ourensá de Padrenda visitaron o Monte Santa Trega guiados por
ANABAM
Escolares do colexio Padrenda, en
Ourense, visitaron o pasado martes o monte Santa Trega. Foron en total 32
alumnos de 1º e 2º da ESO, acompañados de dous profesores que se achegaron
a este monte da Guarda participando nunha da visitas guiadas que organiza
ANABAM e que os levou pola historia, as lendas, as tradicións e a
relixiosidade relacionada co monte Santa Trega.
A xornada, que veo acompañada dunha climatoloxía
idónea para facer este percorrido, comezou no poboado galaico-romano, para
despois de coñecer as características do mesmo, e visitar os petroglifos,
continuar a pé polo sendeiro do Vía Crucis monumental, do que tamén se
ofreceron curiosas referencias, o mesmo que do Púlpito e do Facho. Os
puntos de interese, tanto do exterior como do interior da ermida,
a desembocadura do Miño e a visita ao Museo, completaron un percorrido de
preto de hora e media.
Os escolares ourensáns finalizaron a súa estadía na Guarda, xantando na
praia do Muíño.
|
| |
|
BAIXO MIÑO:
ÁREA
COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO
(ACIP)
1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTO
NATURAL DE INTERESE COMARCAL
(ENIC)
1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)
2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)
3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)
4: FENTOS ARBOREOS DE OIA
|
|
ELEMENTOS
PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO
(EPINP)
CETÁREAS
MUÑOS DE VENTO
PESQUEIRAS
|
|
LUGAR DE
INTERESE COMUNITARIO
(LIC)
BAIXO MIÑO
|
|
ZONA DE
ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES
(ZEPA)
DO ESTEIRO DO MIÑO
|
|