COSTA SUR DA GUARDA
VISITA GUIADA
QUÉ IMOS VER?
A visita céntrase en seis elementos do ECOSISTEMA INTERMAREAL:
 
     1/ Á CETÁREA
           Dende finais do século XIX ata os anos setenta do século XX, estas estruturas de pedra estiveron activas.´Nelas gardábase o marisco, principalmente lagosta.
 
      2/ POZA MARIÑA
            Para coñecer a vida mariña da nosa costa, nada mellor que empezar por observar unha charca onde a biodiversidade se manifesta sen grandes esforzos ante a nosa vista.
 
     3/ O SEIXAL
           Un cúmulo de pedras redondeadas, modeladas polos embates do mar. Pero, como se formou?
 
     4/ AS ALGAS, LIQUES E VEXETACIÓN     
         COSTEIRA
          Algas verdes, pardas, vermellas, calcáreas....
 
     5/ A FAUNA LITORAL
            Estrelas de mar, moluscos bivalvos e gasterópodos, ourizos, anémonas e actinias...
 
      6/ AS TRES FRANXAS DA ZONA
          INTERMAREAL.
            Intermareal baixa.
            Intermareal media
            Intermareal alta
 
      Ademais temos a
            Infralitoral e a
            Supralitoral
CARACTERÍSTICAS DA VISITA
      Lonxitude: 3 km.
     Duración do traxecto: 45 minutos sen practicamente paradas.
     Duración da actividade: De 2 a 2,5 horas
     Dificultade: Pola pasarela de madeira/cemento nula.
     Punto de partida: Porto da Guarda.
     Punto de chegada: Praia do Puntal (Camposancos).
 
     PRECAUCIÓN: Para andar pola zona rochosa, a modiño. Calzado axeitado. Non pisar sobre as algas polo perigo a esvarar. Sempre as mans libres. No caso de que ande o mar, non achegarse a el.
 
    PROHIBIDO: Tirar ou coller seixos da zona do Seixal. Arrincar plantas ou xogar coa fauna mariña, pois son seres vivos que deben ser respectados.
 
 
 
 
A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA ACTIVIDADE?
     Para estudantes dende 4º primaria a Bacharelato.
 
PREZO: Visita gratuíta.
 
CADERNO DE TRABALLO: Obrigatorio para cada alumno. Prezo: 2,50 €/caderno
 
Nota: A visita hai que facela durante a marea baixa, pode ser dende dúas horas antes a dúas horas despois. Deberá, pois, consultarse a táboa de mareas.
 
DATAS DA VISITA: Dende o 1 de abril ata o 15 de novembro. En caso de chuvia hai que suspender a visita por precaución.
PARA RESERVAR PRAZA
    Chamada ou Whasapp ao 61 61 80 557.
    
     Enviando un correo electrónico a (anabam.anabam@gmail.com)
 
     Cubrir a ficha e enviala a ANABAM por correo electrónico. PulsarAQUÍ para descargala.
NOTA
   
    Ao tratarse dunha visita gratuíta, a responsabilidade da mesma recae sobre o centro de ensino. ANABAM e os seus monitores simplemente actúan como guías-colaboradores para sacar o maior proveito posible da visita á zona intermareal da costa sur da Guarda.
EDUCACIÓN AMBIENTAL
PORTADA