|

| |
|
 |
PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO
Eurynebria complanata |
 |
| |
Coordinación: |
Agustín
Ferreira Lorenzo |
 |
|
|

IR A:
Eurynebria
complanata
IR A:
Eurynebria complanata. Atlas
| |
|
|
Actualizada o
14-02-2012 |
|
| |
PROSPECCIÓN NAS PRAIAS DE
AFIFE - ARDA- PAÇÓ (norte Portugal) |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
.JPG)
Pasarela na praia de Afife. (Foto
Ricardo Portela-anabam). |
|
O sábado 11 de febreiro realizamos unha nova saída de campo, esta vez o
obxectivo fundamental era o de atopar Eurynebrias, un dos insectos da
praia máis ameazados. A visita levouse a cabo nas veciñas praias
portuguesas de Afife, Arda e Paçó, esta última, en Carreço, marca o
límite de actuación da nosa asociación.
Os sete integrantes do equipo de campo dividímonos en dous grupos. O
primeiro grupo, formado por Luis Dorado Senra, Antón Ferreira Lorenzo e
Ricardo Portela Vilas, percorreu a praia de Afife. O segundo grupo,
composto por Carlos Angílica Entenza, Agustín Ferreira Lorenzo; Ricardo
da Silva Diz e Mª Consuelo González de Dios, percorreron as praias de
Arda e Paçó. |
|
| |
|
|
|
|
| |

Un dos exemplares atopados na praia de Paçó.
(Foto Agustín Ferreira-anabam). |
|

Outro exemplar, este na praia de Afife.
(Foto Ricardo Portela-anabam). |
|
| |
|
|
|
|
| |
.a.JPG) |
|
Resultados:
Praia de Afife
2
eurynebrias debaixo dun recipiente plástico (nasa).
3
eurynebrias debaixo doutra nasa similar.
Ámbolos dous achádegos próximos ao final da praia, ao norte.
Praia de Arda
Non se rexistrou ningún exemplar, no obstante, o noso colaborador no
veciño país, o biólogo Tiago Rodrigues, nunha prospección levada a
cabo nesta praia, con data 28-01-2012, localizara dous exemplares.
Praia de Arda
3 exemplares xuntos, no borde dunha caixa plástica das que se usan nas
frutas.
En resumo, no que vai de
ano temos rexistrado nas tres praias contiguas citadas, un total
de 8 exemplares, escaso número que non dan sinais de boas espectativas,
pero que nos fan ver o vaso medio cheo.
|
|
|
| |
|
|
|
Actualizado o
28-02-2011 |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|

Unha das
larvas atopadas. Compárese co tamaño da moeda. A outras das larvas
era algo maior que esta. (Foto Agfelo-anabam). |
|
|
PROSPECCIÓN NA PRAIA DA ARDA E NA DE PAÇO
O sábado 19 de febreiro levamos a cabo a
primeira prospección faunísticas deste ano nas praias protuguesesas de
Arda (Afife) e Paço (Carreço) no veciño país. Esta última marca o límite
do territorio de actuación de ANABAM.
Con grande satisfacción puidemos atopar na última das praias citadas e
no límite das dúas, sendas larvas de Eurynebria complanta, unha
delas baixo un bote plástico e a outra baixo dunha pedra.
Temos que sinalar que nestes tres últimos días e, especialmente nos dous
últimos, o mar bateu con forza e grande intensidade nos areais e costa
ao que hai que sumar as mareas altas que arrasaron a superficie, polo
que resulta case que un milagre atoparnos con estes dous exemplares.
A prospección realizouse pola tarde, aproveitando que a marea estaba
baixando.
O grupo de traballo estivo formado por: Angílica Entenza, Carlos; Dorado
Senra, Luis; Ferreira Lorenzo, Agustín; González de Dios, Chelo;
Jiménez, Antonio; Pombal Diego, Manuel A. e Portela Vilas, Ricardo.
|
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
| |

"Peque"
fotografando unha das larvas. (Foto Agfelo-anabam). |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
Actualizado o
31-01-2011 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
PRIMEIRAS LARVAS NA COSTA DA MORTE Sana envexa é a que temos trala información
facilitada polo colega Pablo Carballo Falpete, quen ao igual que nós,
segue os pasos da Eurynebria complanata, pero el no norte galego.
Hai uns días comunicounos
o achádego das primeiras larvas deste coleóptero dos areais, enviándonos
a fotografía que vai á esquerda deste comentario, larvas que xa viu na
Costa da Morte no pasado mes de decembro.
Polo que respecta a
área na que estamos a traballar nós, temos que dicir que na praia de
Camposancos seguimos sen dar con este insecto dende que o observaramos
por última vez o 2 de maio de 2009, no que recollemos información dos
únicos tres exemplares atopados.
(Foto: Pablo Carballo Falpete)
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
| Actualizado o 22-04-2010 |
|
CASE QUE DÚAS TEMPADAS SEN REXISTROS DE
Eurynebria complanata

(Foto Agfelo-anabam)
Continuamos sen poder iniciar a 3ª fase do Proxecto Eurynebria,
que estaría enfocado ao estudio das larvas deste insecto e á recollida de
novos datos do mesmo. A razón non é outra que a práctica desaparición desta
especie dos areais do Baixo Miño nestes dous últimos anos, xa que os únicos
exemplares que puidemos observar corresponden ao 2 de maio do pasado ano,
cando foron vistos os únicos tres individuos detectados ata o de agora.
Dende entón non se localizou ningún outro exemplar, nin na marxe galega
do Miño nin na portuguesa. Descoñecemos se isto obedece a algún ciclo
propio deste insecto ou a algunha outra razón da que non temos nin idea.
Todas as prospeccións levadas a cabo na praia de Camposancos (única do Baixo
Miño onde está presente Eurynebria) e as realizadas nas praias portuguesas
(dende a Foz do Miño -en Caminha- ata a de Paço -en Carreço-, ao sur da
praia de Afife) non deron ningún resultado positivo. Tampouco sabemos se
este fenómeno ocurre nas demais praias da costa galega, portuguesa ou mesmo
do resto da Península, onde está presente esta especie.(Foto
Agfelo-anabam).
|

|
As eirugas de Eurynebria complanata centrarán o núcleo do
traballo de investigación desta especie no Baixo Miño. No mes de
setembro do ano 2008 estaba previsto iniciar este estudio. De momento
non se puido levar a cabo xa que Eurynebria non se deixa ver nas
praias galego-portuguesas do Baixo Miño, e xa van case que dúas tempadas:
setembro2008-xuño 2009 e setembro 2009.xuño 2010.
(Foto Agfelo-anabam). |
|
|
Actualizado o 04-04-2009 |
|
POBRE CAMPAÑA A DESTA TEMPADA
Estes son os tres primeiros
exemplares atopados na praia de Camposancos dende hai un ano. O da
esquerda e o do centro estaban xuntos, baixo a mesma pedra. O da dereita
atopábase baixo un tronco. O achádego tivo lugar o pasado 2 de maio, na
praia do Puntal, un tramo da praia de Camposancos, na Guarda, único enclave
do Baixo Miño galego onde habita este coleóptero.
Na saída de campo levada a cabo o día 3 deste mes de maio, realizada ás
praia portuguesas de Afife e do Forte do Cao, enclaves nos que tamén
traballa ANABAM, non conseguimos localizar ningún exemplar, polo que segue a
tónica xeral desta tempada na que os exemplares parecen ser reticentes a
deixarse ver. Cando estamos a piques de rematar a tempada xeral de
observación da especie (que ten lugar, segundo as nosas observacións no sur
da provincia, entre setembro e xuño), soamente levamos localizado un total
de 4 exemplares, un deles na praia de Afife, o pasado 7 de febreiro,
os outros tres os que xa citamos máis arriba.(Fotos
Agfelo-anabam).
|
|
Actualizado o 04-05-2009 |
|
DENEGADA A INCLUSIÓN
DE Eurynebria complanata
NO CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS
Logo de varios anos de estar pendentes da nosa solicitude para que esta
especie fose incluída no catálogo citado, chegou o mazazo, non para nós,
senón para a protección da Eurynebria,
de que a mesma non estaría cualificada como unha especie ameazada. Sábese
que estes coleópteros están en regresión e que desapareceron xa de moitas
praias, como acontece nalgunhas de Francia (Ives Dachy, 1982), o que non
podemos é esperar a que aquí acabemos por chegar a unha situación crítica.
Sería lamentable. De todos é coñecido que o seu hábitat sufre directamente
as consecuencias da actividade humana, sobre todo a limpeza de areais e
utilización masiva dos mesmos. ANABAM non se resignará a esta situación, e
seguiremos insistindo, unha e outra vez, ata conseguir que Eurynebria
complanata, sexa declarada unha especie ameazada.
Transcribimos a continuación o escrito remitido a esta asociación con
rexistro de saída do 21 de abril de 2009, nº 9.956, da Consellería de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible:
Asunto: Resolución da
solicitude de catalogación de Eurynebria complanta (Lnnaeus 1767) no
catálogo Galego de Especies Ameazadas (expediente CGEA/2008/02).
Vista a solicitude formulada por D.
Agustín Ferreira Lorenzo, en representación da Asociación Naturalista Baixo
Miño, con enderezo no Apdo.59, A Guarda, Pontevedra, pola que solicita a
catalogación de Eurynebria complanata (Linnaeus 1767), no Catálogo Galego de
Especies Ameazadas, creado segundo o establecido no artigo 49º da Lei
9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza e regulado polo Decreto
88/2007, do 9 de maio, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies
Ameazadas.
Visto o informe de valoración da solicitude de inclusión no Catálogo Galego
de Especies Ameazadas do Observatorio galego da Biodiversidade con data
25/09/2008 e con número de expediente CGEA/2008/02.
Visto o escrito de alegación remitido polo solicitantes con data 04/12/08.
Vista a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
Visto o Decreto 88/2007, do 9 de maio, polo que se regula o catálogo Galego
de Especies Ameazadas.
Visto o Decreto 260/2007, do 13 de decembro, polo que se crea o Observatorio
Galego da Biodiversidade e se determinan as súas funcións, composición e
funcionamento.
Considerando que, segundo o ditame do Observatorio Galego da Biodiversidade,
a especie obxecto da solicitude non presenta unha situación de ameaza e
necesidade de medidas de protección específicas definidas segundo os
criterios recollidos no artigo 6.2º e no anexo V do Decreto 88/2007, do 9 de
maio, polo que se regula o Catálogo galego de Especies Ameazadas.
Tendo en conta as competencias que me confire o Decreto 213/2005, do 3 de
agosto, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de
Galicia, e o Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a
estrutura orgánica da Xunta de Galicia, considerando os informes emitidos,
RESOLVO:
a) DENEGAR A
CATALOGACIÓN de Eurynebria complanata
(Linnaeus 1767) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
Contra esta resolución poderase, de conformidade cos artigos 107.1, 114 e
115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, interpor recurso de alzada perante o Conselleiro de
Medio Ambiente, nun prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da
recepción da comunicación.
Santiago de Compostela, a
17 de abril de 2009
O DIRECTOR XERAL DE
CONSERVACIÓN DA NATUREZA
Asdo. Xosé Benito Reza
Rodríguez
|
|
Actualizado o 30-03-2009 |
|
Dende que iniciamos o Proxecto
eurynebria, hai disto case que dez anos, non pasara un feito como o
que está a acontecer na tempada 2008/2009, na que na marxe galega
(desembocadura do Miño) non atopamos nin un só exemplar e na marxe
portuguesa -que é o obxecto do noso actual estudo- soamente
conseguimos dar cun individuo, o pasado 7 de febreiro, na praia de Afife.
Descoñecemos cal pode se-la causa deste brusco descenso ou, case que habería
que dicir, ausencia de eurynebrias nas praias próximas ó esteiro do
Miño. Sería moi interesante saber se isto mesmo sucede tamén noutras praias
da Península. No que respecta a posibles alteracións ou cambios que se
puideran haber dado, temos que indicar que non hai nada que salientar. As
actuacións e actividades desenvolvidas nesta tempada son as mesmas que se
veñen producindo dende os inicios do estudo. Ademais, no que respecta á
praia de Camposancos, melloráronse as condicións da mesma xa que algunhas
das actividades máis agresivas deixáronse de producir como é o caso da
limpeza do areal con medios mecánicos, mentres que na marxe portuguesa
continúan con este proceder tan agresivo para o medio. As causas, pois,
haberá que buscalas por outro lado.

Praia de Afife na última das visitas que efectuamos á mesma na procura de
datos de
Eurynebria,
o
pasado 7 de febreiro..(Foto Agfelo-anabam).

Este é o único exemplar que atopamos na praia citada anteriormente.(Foto
Agfelo-anabam).

Baixo este tronco acubillábase o exemplar atopado.(Foto
Agfelo-anabam).
|
|
Actualizado o 12-01-2009 |
|
INICIADA A 3ª FASE DO ESTUDIO DE Eurynebria
complanata

Praia de Vilapraia de Âncora. (Foto Agfelo-anabam).
Logo de tres anos
fotografando o coleóptero Eurynebria complanata na praia
marítimo-fluvial de Camposancos (A Guarda), coa finalidade de estudiar a
pigmentación dos élitros deste carábido, procedemos agora a iniciar a 3ª
fase do proxecto, cun traballo similar ó anterior pero centrado, agora,
nas Eurynebrias presentes nas praias portuguesas entre Caminha e Carreço,
nun tramo duns 15 quilómetros de lonxitude. Sabemos, por visitas realizadas
con anterioridade, que nestas praias está presente este coleóptero.
Pretendemos coñecer, entre outros datos que iremos recollendo ó longo dos
dous anos que vai durar esta fase, se a pigmentación elitral dos exemplares
das dúas beiras da desembocadura do Miño teñen ou non diferencias
apreciables.
A primeira visita á praia foi realizada o sábado 3 de xaneiro. Estivemos
percorrendo a praia de Vila Praia de Âncora, pero non atopamos ningún
exemplar. Tampouco na praia de Camposancos conseguimos atopar individuo
algún dende o
5 de maio do pasado ano. É a primeira vez
que isto ocorre
nos últimos sete anos.
|
|
Actualizado o 18-11-2008 |
|
ANABAM INSISTE NA NECESIDADE DE
PROTEXER O INSECTO Eurynebria complanta
EN TODA GALICIA
TAMÉN SOLICITOU, NO SEU DÍA, AO GOBERNO
CENTRAL
A SÚA PROTECCIÓN

(Foto
Agfelo-anabam)
Con data
19/11/2008, chegou a nós o expediente CGEA/2008/02 relativo á petición
realizada por esta asociación para que se protexera o coleóptero denominado
Eurynebria comlnata polo que solicitamos que o mesmo fose incluído no
Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de
Vulnerable.
No escrito remitido polo Observatorio Galego da Biodiversidade, se nos
comunica do informe desfavorable á solicitude plantexada por
nós, propondo, dito Observatorio, a súa inclusión no Rexistro de especies
de interese galego, un rexistro que, paradóxicamente, parece
que aínda non está en vigor.
Tódolos datos publicados sobre este carábido, dano como unha especie en
regresión, non só na Península Ibérica, senón en toda a súa área de
distribución. Nalgunhas localidades mesmo debeu desaparecer por mor da
influencia e actividades humanas nos areais.
Agustín Ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM, ven desenvolvendo dende
principios desta década un estudio deste carábido na praia de Camposancos (A
Guarda), constatando, que a especie tamén aquí está en regresión.
Dende ANABAM pensamos que non podemos esperar a que E. complanata
chegue a unha situación crítica para logo comezar a tomar medidas. Por este
motivo, desde esta asociación seguimos
pedindo a súa protección e
así o plantexamos nas alegacións presentadas ao informe remitido polo
Observatorio Galego da Biodiversidade.
|
|
Actualizado o 29-06-2008 |
|

(Foto Agfelo-anabam)
No mes de setembro de 2005, dábamos comezo á segunda fase do estudio deste
coleóptero habitante dos areais (dalgúns), cuxa existencia vese amenazada
cada vez con máis intensidade. Durante tres anos fixemos preto de dúas
centas prospeccións na praia de Camposancos na procura destes insectos para
fotografalos, si ben non todas elas deron resultados positivos.
No que resta do ano analizaremos minuciosamente as fotografías obtidas co
obxecto de sacar conclusións das nosas observacións, que se fundaron
principalmente no estudio dos élitros destes insectos.
No mes de setembro próximo, comezaremos unha terceira fase, tal vez a última
que lle adiquemos, e que posiblemente estará centrada nas larvas, aínda que
esta é unha idea que está por madurar.
Rematado o estudio e análise desta segunda fase, os resultados serán
publicados nunha nova monografía que editará esta asociación
conservacionista.
|
|
Actualizado o 24-10-2007 |
|

Estes insectos,
que non voan, son veloces corredores. Cando non están quietos recurrimos a
recipientes transparentes (tapas plásticas) que permiten fotografalos sen
maiores contratempos. (Foto Agfelo-anabam).
É
un dos insectos máis representativos das praias onde habita, que non son
en todas. Doado de identificar, este coleóptero, de case 3 cm de lonxitude,
pasa desapercibido no medio ao confundirse co entorno.
No Baixo Miño somentes podemos atopalo na praia de Camposancos, en tanto
que na veciña marxe portuguesa --na área de influencia desta
asociación--está presente en tódalas praias dende a praia da Foz (Caminha)
ata a de Paço (ao sur de Afife).
Os estudios levados a cabo en ANABAM na praia de Camposancos sinalan dous
puntos fundamentais de máxima presencia: A Lamiña e o Puntal.
A identificación dos exemplares se leva a cabo a través da observación dos
élitros, pois éstes presentan unhas manchiñas que permiten identificar os
individuos. O rexistro dos especímenes lévase a cabo mediante a fotografía
dixital, tratando de causar as mínimas molestias ao insecto. Gracias a
este sistema levamos rexistrados máis de 150 exemplares.
 
As manchas negras dos élitros permiten identificar
facilmente cada individuo. (Fotos Agfelo-anabam).
Está previsto que neste ano
rematemos esta segunda fase do proxecto. O estudio posterior dos datos
obtidos con seguridade que nos aportará novos coñecementos sobre este
emblemático coleóptero dos areais.
|
| Actualizado
o 8 de xaneiro de 2007 |
|
CLAVE CON
REFERENCIA A UN DOS ÉLITROS
Tres manchas superiores, perfectamente nítidas, non en
contacto...........................................1
Doutra
forma.......................................................................................................................4
1.-Manchas inferiores continuas, todas en
contacto................................................................2
Algunha mancha inferior
discontinua......................................................................................3
2.-Escudete claramente
escuro...........................................................................................
(véxase foto 1)
Escudete lixeiramente ou non escuro.....
............................................................................ (véxase
foto 2)
3.-Escudete claramente
escuro...........................................................................................
(véxase foto 3)
Escudete lixeiramente ou non
escuro..................................................................................
(véxase foto 4)
4.-Tres manchas superiores en
contacto..............................................................................
(véxase foto 5)
Doutra
forma.......................................................................................................................5
5.-Dúas manchas superiores nítidas e
separadas...................................................................6
Doutra
forma........................................................................................................................7
6.-Inferiormente con tódalas manchas claramente en
contacto............................................... (Véxase foto 6)
Inferiormente con algunha mancha aillada ou lixeiramente
tocándose...................................... (Véxase foto 7)
7.-Superiormente cunha soa mancha nítida
..........................................................................(Véxase foto
8)
Superiormente unha mancha individual e as demáis
tocándose...............................................8
8.-Inferiormente manchas en
contacto..................................................................................(Véxase
foto 9)
Inferiormente alomenos unha mancha
individual.....................................................................(Véxase
foto 10)
|
FOTO 1 |
FOTO 2 |
FOTO 3 |
FOTO 4 |
FOTO 5 |
FOTO 6 |
FOTO 7 |
FOTO 8 |
FOTO 9 |
FOTO 10 |
|
|
As formas máis habituais son as correspondentes ás fotos 1 e 3. As menos
frecuentes corresponden á forma da foto 6.(Fotos Agfelo-anabam).
|
|
Actualizado o 18-04-2006 |
No pasado mes de marzo non conseguimos
atopar ningún exemplar na praia de Camposancos (A Guarda), logo de máis de
dez saídas pola zona. Pode que as condicións meteorolóxicas influiran
decisivamente nesta especie, pois foi, aquel, un mes moi chuvioso.
O 15 deste mes de abril
atopamos o primeiro exemplar dende hai case que dous meses. Fai o número
10 dos que levamos rexistrados no presente ano.
O problema co que se atopa
esta especie dende primeiros de abril é o uso da máquina para limpar a praia.
Ésta, ademais de remover a area, recolle todo canto se atopa na superficie,
e estes insectos soen estar na mesma, así que, presumiblemente moitos deles
desaparecerán da praia.
Dende ANABAM pensamos que
a limpeza nas praias que teñen un valor ecolóxico, en canto a súa
biodiversidade, deberan limparse a man e neste senso, estamos traballando
para conseguir que así se faga na de Camposancos.

A transformación da superficie do
area,l removendo a area, así como o desplazamento da maquinaria pola praia,
supón unha forte agresión contra este medio tan fráxil, incidindo
negativamente en certas especies que teñen aquí o seu hábitat. Caso de
Eurynebria, o dano é máis salientable ó tratarse dunha especie escasa e
en regresión. (Fotos Agfelo-anabam). |
| |
A segunda fase do Programa Eurynebria, comezou no mes de
setembro de 2005. Nos tres meses que xa leva o proxecto en marcha se
efectuaron 47 rexistros correspondentes a 42 individuos diferentes, todos
eles efectuados na praia marítimo-fluvial de Camposancos (A Guarda) na
desembocadura do Miño, única do Baixo Miño onde está presente esta
especie.

Este exemplar foi rexistrado en dúas ocasións: o 24 de outubro e o 25 de
decembro, localizándose ámbalas dúas na mesma zona.

Estoutro se rexistrou en tres ocasións: o 30 de setembro, o 7 de novembro
e o 25 de decembro. A localización efectuouse en dúas zonas diferentes, na
seguinte orde: praia da Lamiña, praia do Forte e novamente praia da Lamiña.
Os debuxos elitrales son fundamentales para recoñecer os diferentes
individuos xa que non hai dous que sexan exactamente iguais.
(Fotos Agfelo-anabam).
|
|
|