|
Un total de 338 vertebrados
atropelados rexistrados nas estradas do Baixo Miño durante os tres primeiros
meses de 2008.
Nos tres primeiros meses de 2008 levamos xa rexistrados un
total de 338 vertebrados atropelados nas estradas do Baixo Miño. Trátase,
pois, dun bo número, tendo en conta que nos derradeiros oito meses do ano
pasado (2007) recollemos un total de 396 rexistros. A media dos meses de
abril a decembro do 2007 foi duns 47 rexistros, mentres que para estes tres
meses (xaneiro-marzo de 2008) é duns 113, e dicir, case dúas veces e media
maior. De feito, tal e como se pode observar nas figuras 1 e 2, mentres que
o mes de febreiro con 44 rexistros pódese considerar un mes “normal”, os
meses de xaneiro (140) e marzo (154) superan con creces o máximo de
rexistros por mes do ano pasado alcanzado no mes de decembro (102
rexistros).
Nembargantes,
cando distribuímos os rexistros por grupos de vertebrados (mamíferos, aves,
réptiles e anfibios; Figuras 3 e 4), observamos que mais da metade (188
rexistros) correspóndense con anfibios. Isto débese a gran cantidade de
píntegas (132) e sapos (56) atropelados nos días de choiva e boa temperatura
habidos nestes tres meses. Así mesmo, os resultados obtidos permítennos
definir unha serie de “puntos negros” (zonas de cruce utilizados por estes
animais), todos eles caracterizados por ser tramos de estrada sen luz
artificial. Algúns exemplos son: a estrada que rodea ao monte de Santa Trega
en Camposancos (Concello de A Guarda), cerca do antigo basureiro de A Guarda
(na estrada A Guarda-Baiona), ou na saída de Torrón (Concello de Tomiño)
cara a Tui (na estrada A Guarda-Tui). Por outra banda, hai que salientar un
so rexistro de réptiles nos 3 meses. Dito rexistro correspóndese cunha
tartaruga atropelada na zona de Carregal (Concello de Tomiño). A partir de
agora tamén as cobras empezaran a ser atropeladas.
Finalmente, nas figuras 5 e 6 podemos ver a distribución
dos rexistros por grupos de vertebrados e por meses, o cal nos da unha idea
da evolución dos rexistros ao longo dos tres primeiros meses do ano. Mentres
que os rexistros de mamíferos e aves foron crecendo conforme avanza o ano
(no caso dos réptiles cun so rexistro non se poden sacar conclusións), os
anfibios ten o máximo en xaneiro seguido do mínimo en febreiro. Como xa se
indicou, as condicións meteorolóxicas inflúen moito na mobilidade (e polo
tanto na mortalidade) destes animais.
Dende
ANABAM seguimos solicitando a colaboración de todas aquelas persoas que
recorren as estradas do Baixo Miño para que recollan e nos envíen os
rexistros dos animais que atopen atropelados. Solo así poderemos ter unha
estima aproximada do que realmente acontece nas nosas estradas.






|
Meses |
Rexistros |
Mamíferos |
Aves |
Réptiles |
Anfibios |
|
Xaneiro |
140 |
7 |
17 |
0 |
116 |
|
Febreiro |
44 |
8 |
25 |
0 |
11 |
|
Marzo |
154 |
22 |
70 |
1 |
61 |
|
Total |
338 |
37 |
112 |
1 |
188 |
|