|
Un caso de alta mortalidade de andoriña común (Hirundo rustica) por
atropelamento.
Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego "Peque"
As cinco especies de andoriñas (andoriña común: Hirundo rustica;
andoriña do cu branco: Delichon urbica;
andoriña das barreiras: Riparia riparia:
andoriña dáurica: Hirundo daurica, e
andoriña
dos penedos: Ptyonoprogne rupestris) que poden observarse en Galicia
tamén poden verse no Baixo Miño, aínda que só a andoriña dos penedos é
sedentaria. No concello de Oia soamente temos rexistradas algunhas zonas de
aniñamento da andoriña común nas parroquias costeiras, ás que volven cada
ano durante a primavera e o verán para a súa reprodución.
Algunhas características da andoriña común
Pode medir de 17 a 21 cm de
largo, posúe un peteiro negro e curto, patas tamén curtas e negras, e ás
fortes e largas en proporción ao seu corpo. O color da cabeza, do lombo, das
ás e do rabo é dun negro azulado brillante. No largo e escotado rabo
destacan catro manchas brancas nas catro rectrices exteriores de cada lado.
A fronte e a gorxa ten un color rechamante roxo ferruxinoso e fácil de ver.
Entre a gorxa e o peito ten unha banda azul escura e o resto das partes
inferiores son moi claras, do branco ao beixe rosado.
Está especialmente dotada para
o voo, sendo moi veloz e áxil xa que é no aire onde captura as súas presas
(insectos); non lle sucede o mesmo no chan, onde se moven torpemente, dado o
pequenas e relativamente débiles que son as súas patas. As estreitas ás e o
seu rabo gallado permítenlle manobrar con facilidade: pode dar rápidos xiros
para perseguir ás súas presas. O seu corpo aerodinámico está adaptado para
voos rápidos e de longo percorrido.
Extremadamente inquieta, pasa
a maior parte do tempo no aire, voando dun lado para outro. Tanto poden voar
a gran altura, case fora do alcance da vista humana, como en voo rasante
sobre o chan ou a superficie da auga. É unha ave escandalosa, de piar
continuo. O canto da andoriña común non pode
reproducirse, pero si dicir que se trata
dun gorxeo sostido, moi agradable e melodioso.
A dieta
alimenticia está constituída por insectos que son capturados en pleno voo.
Principalmente Díptera (Tipulidae, Chironomidae, Empididae,
Tachinidae, etc.), Ephemeroptera, ou Odonata, e ocasionalmente
Lepidóptera, Coleóptera e Himenóptera. A alimentación dos polos inclúe unha
gran variedade de Díptera, sobre todo de Tipulidae e Tabanidae.
É unha especie gregaria, e
dicir, vive en grupos numerosos que se concentran cerca de charcas,
lagoas, carrizais, marismas, estuarios,
etc., onde soe haber gran cantidade de mosquitos e outros insectos.
En época de cría vive normalmente en parellas.
Case
todos os niños están formados por barro, herba seca, palla,
ou bosta de vaca, e solen fixalos en
construcións humanas nas vigas de madeira e paredes ou nos aleiros
dos tellados; polo tanto están habituadas á presenza do home.
Normalmente, os niños están forrados por
dentro con plumas, pelos ou folliñas de herba seca.
Ambos adultos traballan na súa construción, e en catro ou cinco
días o traballo está terminado.

Casa en Chinchilla de Montearagón
(Albacete)!! Foto feita o pasado 09 de Xulio de 2009. Nela
pódese observar que tódalas
tellas do aleiro teñen un niño de andoriña.
Unha
posta normal é de 5 ovos, pero pode oscilar entre 3 e 8.
A incubación é efectuada case
totalmente pola femia durante 14 días.
Se a femia morre accidentalmente prodúcese o abandono do niño; pero
isto non sucede se o que morre é o macho.
Algúns polos voan aos 18 días, aínda que normalmente non o fan hasta
os 23-24 días. Durante os primeiros días despois de abandonar o niño os
novos exemplares volven a durmir a él ao atardecer. Nestas aves dúas roladas
son normais en cada temporada e tres ocasionais.
O número de polos que chegan a
voar é superior ao 95 por cento dos ovos postos, o que significa, sen
dúbida, un notable éxito. Nembargante, moitas aves de presa coñecen as
dificultades dos hirundínidos nos primeiros días e sucede a miúdo que
gaivotas, bufos, gabiáns, falcóns e gatos domésticos dan boa conta das
andoriñas novas. Logo son moitísimos os perigos que ten que sortear nos
aproximadamente 10.000 quilómetros de ida e volta da cada periodo
migratorio; polo tanto, o índice de
mortalidade é consecuentemente moi alto e poucas andoriñas superan os 5 años
de idade. A maioría das que chegan a criar, viven de media uns 3 anos. Hai,
sen embargo, casos de andoriñas que viviron de 6 a 8 anos e,
excepcionalmente, algunhas poden chegar hasta os 10 anos.
As
andoriñas teñen hábitos
migratorios e un admirable sentido da orientación, retornando sempre ao
mesmo sitio onde criaron o ano anterior.
Moitas parellas ocupan incluso o mesmo
niño. As veces, tanto o paporrubio
(Erithacus
rubecula)
como a carriza (Troglodytes troglodytes),
ocupan algún dos seus niños. Nos lugares
onde os niños son destruídos, ou onde son ocupados por outra especie
cústalles moito traballo volver a aniñar.
Andoriñas atropeladas no Porto de Mougás (concello de Oia)

O pasado día 20 de agosto de 2009 chamounos a atención o número de andoriñas
atropeladas a altura do Porto de Mougás. Trátase dun treito de estrada dun
cento de metros ao sur do río de Mougás (ver liña azul na foto) onde
rexistramos 14 exemplares mortos de andoriña común (Hirundo rustica).
Unha vez nos acercamos ao propio Porto de Mougás puidemos comprobar como
unha bandada de andoriñas realizaba percorridos repetitivos (liñas de cor
vermella
e verde na foto) en voo rasante, a pesares da presenza a escasos metros dun
tractor e un grupo de persoas arrumbando unha gamela. Unha vez nos puxemos
nunha das zonas de paso (pequena estrada de entrada ao porto), observamos
que apenas modificaron a súa zona de voo, xusto o necesario para poder
esquivarme, mentres as fotografaba. Procuramos espantalas un pouco para que
non entraran na estrada A Guarda-Baiona (N-552) en voo rasante, onde podían
ser atropeladas con moita facilidade.

O día seguinte acercámonos de novo a zona para comprobar se seguían por alí.
Sen embargo, non puidemos observar ningún exemplar mais, nin vivo nin morto
e pensamos que xa se marcharán da zona. Uns días mais tarde, concretamente o
25 de agosto, volvemos a ver bastantes exemplares en voo rasante pola mesma
zona ao mesmo tempo que rexistrábamos 4 exemplares mais atropelados na
estrada. Así pois, rexistramos un total de 18 exemplares mortos nesa pequena
zona do Porto de Mougás. É moi probable que se acercaran ata alí na procura
de alimento posto que son moitos os insectos que se atopan na barda de
argazo e outras algas que hai estes días no citado porto. Isto, xunto con
que son aves
habituadas
á
presenza
do
home e o seu voo rasante, tivo como resultado final o elevado número de
exemplares mortos por atropelo en apenas 6 días e 100 metros de estrada.

|