|
ENTREGADO A ANABAM UN GABIÁN FERIDO
Exemplar recollido en Goián (Tomiño) o 29 de xullo pasado. Entregado no
mesmo día a asociación conservacionista por Miguel e Encarna, do
Restaurante O Lagar das Eiras (O Rosal).
MOTIVO DA ENTREGA: Incapacidade de voar por mor dun golpe producido ao
chocar contra un muro.
ANÁLISE EXTERNO: Non se aprecian indicios externos que poñan de
manifesto o seu estado.
MEDIDAS PRELIMINARES: Co fin de ver se a súa recuperación se producía
de xeito natural, mantívose a escuras nun recinto pechado co fin de
evitar perturbacións exteriores.
POSTA EN LIBERDADE: O día 30 levouse ao exterior para ver como
reaccionaba. A súa melloría era manifesta. Primeiro axudóuselle a iniciar o
vó. Logo de dous ou tres intentos, conseguiu voar perfectamente.

O exemplar, un individuo inmaturo, pouco antes de iniciar
o definitivo vo que lle ía permitir recobrar a liberdade.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

As femias e os exemplares xóvenes teñen os ollos amarelos.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

O gabián é unha das rapaces que teñen presencia no Baixo Miño, onde se
contan habitualmente outras oito especies, algunhas das cales eran, ata hai
poucos anos, rarezas na comarca, mudando esta situación na actualizade como
é o caso da aguia peixeira e da tartaraña arpella.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)
|