Asociación Naturalista "Baixo Miño"

- anabam -

A NATUREZA DEPENDE DE TODOS NÓS

Colabora con ANABAM na súa defensa

FAITE SOCIO DESTA ASOCIACIÓN

 

ANABAM:

   -ANABAM

   -INFORMACIÓN

   -LEMBRANZAS

 

Contacto

 

Asociarse

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL

VOLUNTARIADO

CURSOS

PUBLICACIÓNS

 

 

INICIO

PORTADA

INDICE XERAL

PORTADAS ANTERIORES

 

SECCIÓNS

XEOLOXÍA
PEGADAS
FENOLOXÍA
FAUNA
INFORMACIÓN
AGRESIÓNS
VARIOS
CARTAS

 

PLAN  DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES
CAMARIÑA
CHARAXES
PÍLLARA
EURYNEBRIA
PRAIA CAMPOSANCOS

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS
VARAMENTOS TARATARUGAS
VARAMENTO FOCAS
ATROPELADOS
BOLBORETAS
ENCICLOPEDIA DA BIODIVERSIDADE
ENCICLOPEDIA DAS ESPECIES INTRODUCIDAS

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

VISITAS GUIADAS

 

 

INFORMACIÓN  XERAL

 

Actualizado o 15-05-2008

 

LIMPEZA A MAN DA PRAIA DE CAMPOSANCOS (A GUARDA) 

    

Temos que felicitar ao Concello da Guarda, e especialmente á Concellaría de Medio Ambiente que dirixe o concelleiro Javier Crespo, por poñer en práctica unha política ambiental coherente coa conservación e protección do medio ambiente. É algo que vimos pedindo en ANABAM dende hai moito tempo e que ata agora soamente conseguimos de xeito parcial nestes últimos anos: a limpeza manual da praia de Camposancos.

 

        Con este proceder se consigue, por unha banda, minimizar os efectos que a maquinaria produce no areal, como pode ser a destrucción das raíces das plantas dunares ou a eliminación de eirugas e imagos de insectos que teñen o seu hábitat exclusivo nos areais, como sucede co escaravello Eurynebria complanata. Ademais, tamén se evita favorecer a erosión do areal, pois a area non se remove en demasía favorecendo que as raíces das plantas contribúan a fixación do areal.

 

     Pero tal vez o máis importante sexa a imaxe de respecto ó medio natural que con esta práctica se da cara ó exterior e que di moito en favor dun concello que, polo menos neste caso, pretende poñer en práctica medidas sustentables e sostibles.

 

    Vaian, pois, os nosos parabéns aos responsables municipais.

Catro operarios traballaron durante varios días para deixar a praia en condicións de ser utilizada polos bañistas.

Os restos vexetais e demais materiais eran acumulados coa axuda de rastrillos para logo seren transportados ata a parte superior do areal.

Posiblemente sexan poucas as praias galegas, e aínda do norte portugués, que poñan en práctica medidas de protección, conservación e divulgación como as que se levan a cabo na praia de Camposancos; medidas iniciadas por ANABAM e que continúan xunto coas que pon en marcha o Concello guardés.

 

 

COLECCIÓN MALACOLÓXICA 

IGNACIO NAVARRO 

Actualizado o 05-05-2008

 

     O Concello da Guarda conta, dende hai un par de anos, cunha colección de conchas de varios miles de exemplares que pertenceu no seu día ao arquitecto e malacólogo vigués, xa falecido, Ignacio Navarro. Esta colección foi adquirida polo citado Concello por 10.000 euros á viúva quen, nunha primeira ocasión, hai uns cinco ou seis anos, tiña pensado doala ao concello guardés, que non soubo ou non quixo por aquel entón, aproveitar a magnífica ocasión que tiña.

 

     Hai dous anos, o que por entón era o Concelleiro responsable de Medio Ambiente. Ignacio Saa, púxose en contacto co Presidente de ANABAM, Agustín Ferreira, para conseguir una colección relacionada co Medio Ambiente e co Mar con destino ao futuro Museo do Mar. Este último barallou a posibilidade de contar coa colección malacolóxica de Ignacio Navarro, que xa fora ofertada de xeito gratuíto ao Concello uns anos antes pola súa viúva, como dixemos máis arriba. Así que o Presidente de ANABAM contactou con Emilio Rolán, moi relacionado coa familia de I. Navarro. Rolán, unha autoridade mundial en malacoloxía,  xa se movera para que a colección de I. Navarro viñera para A Guarda, así que novamente colaborou para que esa colección estivera nesta localidade, cousa que finalmente se conseguiu, aínda que non de xeito gratuíto, pois esta oportunidade se perdera. O custe da adquisición dos varios milleiros de cunchas foi de 10.000 euros. 

   

     Algunhas destas cunchas, as máis curiosas e rechamantes, serán expostas na réplica da Atalaia tra-la súa conversión en Museo do Mar. Este Museo podería abrir as súas portas no vindeiro mes de maio.

 

 

Emilio Rolán, á esquerda, Agustín Ferreira, no centro e Ignacio Saa, á dereita preparando parte das cunchas que serán expostas no futuro Museo do Mar.

 

 

Algunhas das cunchas que estarán expostas nas vitrinas do Museo do Mar.

 

 

Buccínidos, Tróquidos, Cásidos, Cónidos, Volútidos, Cipreidos, Murícidos..., son algunhas das familias cos que conta a colección Ignacio Navarro propiedade do Concello da Guarda.

 

 

Algunhas pezas son realmente fermosas, como estes Volútidos da fotografía.

 

 

Emilio Rolán ordenando algunhas das conchas que estarán expostas no Museo.

 

 

Conus gloriamaris foi considerada, ata hai algúns anos, unha das especies máis raras e máis apetecidas polos coleccionistas.

 


Agustín Ferreira e Ignacio Saa seleccionado algunhas das cunchas que serán expostas no Museo do Mar da Guarda.

 

 

Actualizado o 02-11-2006

     

O CONCELLO DA GUARDA CONTARÁ

CUNHA INTERESANTE COLECCIÓN MALACOLÓXICA

 

     A petición do Primeiro-teniente de Alcalde e responsable de Medio Ambiente no concello de A Guarda, Ignacio Saa, ANABAM, a través do seu presidente,  colaborou coa entidade municipal guardesa para que este concello se fixera cunha das máis interesantes coleccións de cunchas mariñas existentes no sur de Pontevedra, composta por máis de 20.000 exemplares. Parte desta colección está prevista expoñela no futuro Museo do Mar (posiblemente as pezas máis vistosas) e o resto da colección servirá para que estudiosos e investigadores podan obter datos, así no lo dixo no seu día o citado concelleiro guardés.

 

    As conchas pertenceron ao médico malacólogo Nacho, compañeiro en moitas expedicións do Dr. Emilio Rolán, experto mundial en Malacoloxía e membro desta asociación. Coa morte prematura de Nacho as conchas quedaron case sen sentido, pois para adicarse a elas fai falla paciencia e interese pola Malacoloxía. Ante este panorama, a súa viuda e o seu fillo non querían que o traballo do marido e pai, respectivamente, quedara valeiro. No ano 2002, por mediación do Dr. Emilio Rolán, esta colección ía ser donada ó Concello da Guarda para o Museo do Mar, que naquel entón se tiña previsto facer xa. Museo que tamén ía albergar ó material de ANABAM. Nese cometido andaban Emilio Rolán e o presidente de ANABAM, Agustín Ferreira. Somentes faltaban uns pequenos arranxos na "Atalaia", local que ubicaría o Museo, e en poucos meses xa o material se empezaría a colocar. Incluso Emilio Rolán, Carmen (Concelleira de Turismo na Guarda e encargada de levar adiante o Museo) e o presidente de ANABAM, realizaron unha visita a ese lugar. Pero a cousa, finalmente quedou en nada. No mes de febreiro pasado, Ignacio se puxo en contacto co presidente de ANABAM para retomar o tema do Museo do Mar, solicitando a colaboración desta asociación para atopar unha colección destinada a este Museo e coa finalidade de solicitar unha subvención ao PRODER. ANABAM que seguía e sigue ilusionado con que A Guarda conte cun Museo do Mar de carácter municipal, prestou todo o seu apoio. Pero o desinterés amosado polo concello hai case que cinco anos, levou a viuva de Nacho a poñer en venda a colección xa que ela non podia facerse cargo da mesma. A colección foi vendida ó concello da Guarda por 10.000 euros. ANABAM apoiou esta compra que ademais contou coa valoración positiva do Dr. Emilio Rolán quen se ofreceo a colaborar na mesma.  Nos parece unha excelente adquisición que esperamos poder contemplar a curto plazo ben no futuro Museo do mar ou noutro local.

 

 

 

 

Chus, viuva do médico e malácólogo Nacho, e Ignacio Saa, 

artíficie no concello guardés da adquisición desta importante colección malacolóxica.

 

 

 

Diversas cunchas e estrelas de mar que forman parte do material adquirido polo concello.

 

 

 

 

Algunhas das cunchas que se poderán ver nun futuro inmediato

nunha exposición que está previsto facer, posiblemente, dentro de poucos meses.

 

 

 

 

Tres das fermosas conchas que forman parte da colección malacolóxica do concello da Guarda.

 

 

 

Diferentes modelos, formas e cores desta excepcional colección que 

engrandece sen lugar a dúbidas o patrimonio cultural do concello guardés.

 

 

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

 

DO ESTEIRO DO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO