SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

-INSECTOS -

 

Maculinea alcon

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

Actualizado o 31-07-2008

     

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

ATOPADA A MACULINEA  ALCON NA VALGA (OIA)

 

     É a primeira cita desta bolboreta para a comarca do Baixo Miño. Gentiana pneumonanthe é a súa planta nutricia, dela depende a que de momento podemos catalogar como unha das máis raras bolboretas que voan en Galicia, polo que estamos de noraboa por este achádego.

 

     A Valga, un espacio cualificado por ANABAM como ACIN (Área Comarcal de Interese Natural), posúe as condicións necesarias que require M. alcon para estar presente nesta paraxe, entre elas a citada planta.  Pois ben, a actividade fotográfica levada a cabo polas entidades: Fasgana; Proxecto Lepi-Atlas e ANABAM o domingo 20 de xullo pasado, non poido deparar mellor sorpresa que a de atopar un exemplar da especie en cuestión, un dato máis que avala a este enclave natural do Baixo Miño como un espacio natural que debera ter, xunto co resto da Serra da Grova, a calificación de espacio protexido.

 

 

Maculinea alcon, é unha pequena bolboreta que xa podemos dar como nova especie para o Baixo Miño logo de confirmar a súa presencia na comarca. O achádego dun exemplar macho o pasado 20 de xullo, así o confirma. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

Á esquerda, Suso Requejo, entomólogo, e á dereita, "Peque" un dos membros activos da asociación baixomiñota, comentando aspectos relacionados coa saída fotográfica na que se localizou a rara bolboreta que tratamos nesta información.(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

Laura Lago, que colabora no proxecto "Bolboretas do Baixo Miño", tratando de obter unha das súas magnifícas fotografías na saída fotográfica

do pasado 20 de xullo. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)