Milvus migrans

 

(MIÑATO QUEIMADO)

 

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

 

     

Actualizada o 5-05-2014

 
 

 

MIÑATO QUEIMADO

 

Un ano máis, a presenza de miñatos queimados  no Baixo Miño xa non é algo anecdótico, senómn que é un fenómeno ornitolóxico que aparece tódolos anos, ao menos dende hai cinco anos para acá. Este anos xa temos observados varios individuos en todo o Baixo Miño, dende A Guarda, cruzando a zona das Loucenzas, ata a feligresía portuguesa do Arao, no municipio de Caminha.

 

   A fotografía da esquerda é un deses miñatos que, neste caso, foi observado pola nosa amiga e colaboradora, Laura Lago, o 14 de abril a altura do embarcadoiro de Amorín. Experta fotógrafo, dada a imprevisible aparición do exemplar, non tivo máis remedio que disparar co obxectivo que tiña nese momento, un macro, aínda así, válenos perfectamente a fotografía como testimonio da presenza desta especie nestas terras do Baixo Miño.

 

 

      Actualizado o 30-06-2011

     Nunca ata o de agora, observáramos en tantas ocasións a esta ave de rapiña no Baixo Miño. As observacións sitúanse preferentemente na zona comprendida entre Tabagón e Amorín.

 

    Estes son os últimos datos que temos recopilados ata o de agora:

 

DATA LUGAR OBSERVADORES
26-06-2011.. A Veiga, Estás (Tomiño)........... LuDoSe
     
29-05-2011..

Goián (Tomiño)

Eiras(O Rosal).........................

AgFeLo

RiPoVi

     
      Actualizado o 28-04-2011
       

    Nova observación de Miñato queimado na Valga, zona do Curro (Oia), onde foi observado un exemplar en vó o 24 deste mes de abril.

Información facilitada polo socio Antonio Jiménez Redondo.

       
      Actualizado o 31-03-2011

 

 

CONFIRMADA A PRESENZA DE MIÑATO QUEIMADO NO BAIXO MIÑO

 

     Pois si, son varias as observacións que temos do miñato queimado neste mes de abril:

 

    -4 exemplares a 1,5 quilómetros antes de chegar a valença do Minho, cruzaron a estrada en dirección á marxe galega. 3 de abril. Observador: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam.

    -2 exemplares na zona da Groba, case que no límite co Val Miñor, o 7 deste mes de abril. Observador Antonio Jiménez Redondo (ANABAM).

 

    Ás anteriores citas, temos que engadir as correspondentes ao 15 de maio de 2010 e ao 12 de agosto de 2010, en ámbolos dous casos observados na marisma de salcidos, A Guarda, por Antonio Jiménez Redondo.

 

   A fotografía, de Antonio Jiménez, corresponde ao primeiro exemplar observado na marisma de Salcidos.

 

           

 

      Actualizado o 31-03-2011

 

 

É PROBABLE QUE ESTEMOS DIANTE DUNHA CITA DE MIÑATO QUEIMADO NO BAIXO MIÑO?

 

     As características da ave observada parecen coincidir coas do miñato queimado. Foi observado na zona de Tomiño, estrada Tui-A Guarda, a mediados de marzo. Outra observación similar, aproximadamente pola mesma zona, produciuse o pasado ano.

 

   Non podemos asegurar ao 100% de que sexa esta especie, pero o observador, Ricardo Portela Vilas, membro de ANABAM, case está convencido de que é moi probable de que así sexa.

 

   Unha nova observación da mesma podería ser decisiva para confirmar esta cita. (Foto: Cécile BH