anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

PARQUE  NATURAL  DO 

MONTE  ALOIA

 

-Información Xeral-

 

IR A INFORMACIÓN XERAL

IR A PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN (PRUX) (pdf)

IR A PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS (PORN) (pdf)

IR A REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR (pdf)

IR A HISTORIA DO PARQUE

 

Actualizado o 15-07-2008

 

     O xoves 3 de xullo pasado, ás seis da tarde, tivo lugar na Casa Forestal "Enxeñeiro Areses" sesión plenaria da Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia de acordo á Orde do día seguinte:

 

1º/ Lectura e aprobación da acta da sesión plenaria celebrada o 24 de maio pasado.

2º/ Aprobación do Regulamento de Réxime Interior da Xunta Consultiva.

3º/ Informe do Plan Reitor de Uso e Xestión do P.N. do Monte Aloia.

4º/ Lectura de escritos.

5º/ Rogos, preguntas e proposicións.

Á esquerda o Presidente do Parque, Pedro Arbolí Albarracín; no centro o Director Xeral de Conservación da Natureza, Xosé Bento Reza Rodríguez e á dereita o director do Parque, Gonzalo Puerto Arribas.

Á esquerda o Alcalde de Tui Antonio Feliciano Fernández Rocha e á dereita a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez.

Á esquerda a Delegada de Política Territorial; no centro o Axente do Parque Natural e Secretario da Xunta Consultiva, Manuel Lorenzo e á dereita o Delegado da Consellería de M.A, Juan Francisco Froján Fontán.

      En representación dos grupos conservacionistas estivo Agustín Ferreira, presidente de ANABAM.

     A sesión discurriu sen incidencias que salientar xa que ningún dos puntos presentaba problema algún. Unha vez teñamos as actas no noso poder, pasaremos a informar dos detalles da xuntanza. Ao remate da mesma, os asistentes achegáronse ata un dos miradores do Parque onde contemplaron unha panorámica da que se pretende sexa a futura ampliación do Parque: a Serra do Galiñeiro.

 

AMPLIACIÓN DO P. N. DO MONTE ALOIA

     O 24 de maio pasado, con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques, celebrado institucionalmente no Monte Aloia, o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández,  anunciou a proposta de ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a toda a dorsal do Galiñeiro, recollendo a unidade da serra e o seu valor ecolóxico e paisaxístico,ampliando a superficie protexida en case que dúas mil hectáreas dos concellos de Tui, Gondomar, Mos, O Porriño e Vigo.  Previamente, na Xunta Consultiva, o Director de Conservación da Natureza, José Bento Reza, adiantara xa esta posibilidade sinalando que haberá que estudiala en profundidade e que suporá un paso adiante na conservación da biodiversidade da zona.

 

Actualizado o 29-05-2008

 

REÚNESE POR PRIMEIRA VEZ A XUNTA CONSULTIVA DO PARQUE.

 

O Sábado 24 de maio tivo lugar, ás 10 horas, na Casa Forestal "Enxeñeiro Areses" a reunión plenaria constitutiva da Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia, integrada por 21 persoas.

Temos que salientar que dende hai máis dunha década, esta é a primeira vez que un representante ecoloxista asiste á mesma, pois nestes últimos anos o Parque estivo funcionando sen Xunta Consultiva (como aínda está a suceder noutros parques galegos), a pesares de que, convocados pola Consellería de Medio Ambiente, Agustín Ferreira Lorenzo fora elexido como representante polos grupos ecoloxistas no ano 2003 e no mes de setembro do pasado ano, 2007.

 

Os asuntos que se trataron foron os seguintes:

-1º.– Constitución da Xunta Consultiva.

-2º.– Toma en consideración pola Xunta Consultiva do borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

3º.– Rogos, preguntas e proposicións.

 

        Ademais, nesta xuntanza deuse conta da posible ampliación do Parque ao que se engadirá a Serra do Galiñeiro, pasando deste xeito das 746 ha. que ten na actualidade ás máis de 2.000 coa ampliación que se pretende, prolongándose deste xeito ata os concellos de Gondomar, Vigo, Mos e Porriño.

 

A próxima xuntanza terá lugar o vindeiro 3 de xullo ás cinco da tarde.

 

 

DECRETOS:

 

       -Decreto 31/2004, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia.

       -Decreto 274/2001, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural do Monte Aloia.

 

 

XUNTA CONSULTIVA DO

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

 

Presidente.....................................D. Pedro Arbolí Albarracín (Persoa de recoñecido prestixio)

Vicepresidente............................ D. Juan Francisco Froján Fontán (Delegado da Consellería de M.A.)

Secretario.................................... D. Manuel Lorenzo (Axente Parque Natural)

Vogal............................................ D. Gonzalo Puerto Arribas (Director do Parque)

                                                       D. Xosé Bento Reza Rodríguez (Dtor. Xeral de Conservación da Natureza)

                                                       Dª. Susana Torres Bravo (Xefa de Servizo de Conservación da Natureza)

                                                       Dª. María del Carmen Larriba García (Delegada da Consel. de Presidencia)

                                                       Dª. Mª Isabel Domínguez Quintás (Delegada da Consell. de Política Territorial).

                                                       D. Rubén Camilo Lois González (Director Xeral de Turismo)

                                                       D. Amadeo Gonzalo Constela Bergueiro (Delg. da Consel. de Medio Rural).

                                                       Dª. Mª Xesús López Escudeiro (Delegada Consel. Deportes).

                                                       D. José Rega Piñeiro (Subdiretor Xeral Técnico de Planificación).

                                                       D. Jesús Vázquez Almuíña (Alcalde de Baiona)

                                                       D. Antonio Feliciano Fernández Rocha. (Alcalde de Tui).

                                                       D. Rubén Rodríguez Vila (Presidente da Entidade Local Menor)

                                                       Dª. Amaia Pérez Bilbao (Investigadora do Depart. de Ecoloxía e Bioloxía Animal).

                                                       D. Agustín Ferreira Lorenzo ( Representantes das asociacións protectoras de Medio Amb.

                                                      Dª. Sandra González Álvarez  (Vicepresidenta Grupo Acción Local.

                                                      D. José M. Barbosa Suárez (confederación de Empresarios de Pontevedra)

                                                      D. Armindo Barbosa Fernández ( Presidente da CMVMC)

                                                      D. Xosé Luis Portela Trigo (Coéngo Catedral de Tui).

 

 

 DÍA EUROPEO DOS PARQUES’2008

NO ALOIA

 

     Ás 12 da mañán do sábado 24, tivo lugar no Centro de Información do Monte Aloia, un acto presidido polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, D. Manuel Vázquez Fernández, ao que asistiron os membros do Consello Consultivo así como directores de varios Parques Naturais, Xefes provinciais de Conservación da Natureza, etc. O acto comenzou cunhas palabras do Director Xeral de Conservación da Natureza, de seguido tmou a palabra o Conselleiro finalizando o Alcalde de Tui. Fíxose unha mención especial ao Enxeñeiro Areses, que foi o impulsor deste parque, o primeiro que foi declarado como tal en Galicia. Estivo presente a filla do Enxeñeiro, quen donou ao Parque documentación, fotografías, uteis e ata o uniforme do seu pai. Aquí novamente se fixo fincapé na ampliación futura do Parque, que se espera sexa efectiva o vindeiro ano.