Asociación Naturalista "Baixo Miño"

- anabam -

A NATUREZA DEPENDE DE TODOS NÓS

Colabora con ANABAM na súa defensa

FAITE SOCIO DESTA ASOCIACIÓN

 

ANABAM

   -ANABAM

 

   - EVENTOS -  ACTIVIDADES - ACTOS

 

   -LEMBRANZAS

 

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 

 -ASOCIARSE

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL

VOLUNTARIADO

CURSOS

PUBLICACIÓNS

 

 

INICIO

PORTADA

INDICE XERAL

PORTADAS ANTERIORES

 

SECCIÓNS

XEOLOXÍA
PEGADAS
FENOLOXÍA
FAUNA
INFORMACIÓN
AGRESIÓNS
VARIOS
CARTAS

 

PLAN  DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES
CAMARIÑA
CHARAXES
PÍLLARA
EURYNEBRIA
PRAIA CAMPOSANCOS

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS
VARAMENTOS TARATARUGAS
VARAMENTO FOCAS
ATROPELADOS
BOLBORETAS
ENCICLOPEDIA DA BIODIVERSIDADE
ENCICLOPEDIA DAS ESPECIES INTRODUCIDAS

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

VISITAS GUIADAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PARQUE  NATURAL  DO 

MONTE  ALOIA

 

(Réxime interior)

 

 

IR A INFORMACIÓN XERAL

IR A PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN (PRUX)

IR A PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS (PORN)

IR A REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR

 

Actualizado o 29-05-2008

 

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR

DA XUNTA CONSULTIVA DO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA 

Artigo 1º 

  A Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia, creada mediante o Decreto 31/2004, do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia, é un órgano colexiado adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza.  

  A súa composición e réxime de funcionamento rexerase pola Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, a Ley 30/1992; de 26 de noviembre, del régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común, e o Decreto265/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica as composición das xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia , así como polo presente Regulamento de Réxime Interior e por todas aquelas disposicións que lle sexan de aplicación.                                                                                                                                                   

Artigo 2º

  A Xunta Consultiva terá a súa sé na Casa Forestal “Enxeñeiro Areses” do Parque Natural do Monte Aloia. As reunións dos seus órganos de goberno poderanse celebrar, non obstante, no lugar que en cada caso se determine.

Artigo 3º 

  1 - A composición da Xunta Consultiva é a contida no Decreto 265/2007, do 28 de decembro ou, no seu caso, aquela que se fixe na normativa de aplicación.

  2 - Os órganos de goberno da Xunta Consultiva son o Pleno e a súa Comisión Permanente.

  3 - O Pleno estará composto pola totalidade dos membros, e a Comisión Permanente polo presidente, o secretario e os vogais representantes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Entidade Local Menor de Pazos de Reis, Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Rebor­dáns, propie­tarios de predios no Monte Aloia, asociacións de protección da natureza, e o director do Parque Natural, podendo ampliarse mediante acordo tomado polo Pleno.

  4 - As reunións periódicas ordinarias do Pleno celebraranse, como norma xeral, unha no primeiro semestre e outra no segundo de cada ano.

 Artigo 4º 

  1 - Os membros titulares dos órganos colexiados (Pleno e Comisión Permanente) poderán ser substituídos polos seus suplentes en casos de ausencia ou de enfermidade, e en xeral cando concorra algunha causa xustificada.

   2 - Os organismos, entidades e colectivos representados na Xunta Consultiva designarán  un suplente do titular, que os substituirá en caso de ausencia nas sesións, acreditándoo perante a Secretaría do órgano colexiado.   

Artigo 5º

  1 - As reunións de cada un dos órganos da Xunta Consultiva esixirán a previa convocatoria por escrito a cada un dos seus compoñen­tes, con dez días de antelación á súa celebración no caso do Pleno, e cinco días no da Comisión Permanente, indicándose expresamente nela a orde do día que rexerá os debates.

  2 - Será competencia do presidente a convocatoria das reunións, a fixación da orde do día e mailo seu cumprimento, así como a orde de celebración dos debates.

  3 - Con independencia das reunións ordinarias periódicas para o Pleno e a Comisión Permanente, estes órganos reuniranse en sesión extraordinaria cando así o soliciten alomenos a terceira parte dos seus membros, os cales haberán de propoñer ao presidente por escrito as datas de celebración detallando a rela­ción de asuntos a tratar.

  4 - Así mesmo poderanse celebrar sesións extraordinarias cando, estan­do reunidos tódolos compoñen­tes dalgún dos órganos da Xunta Consultiva, así se decida por unanimidade. As reunións terán tamén o carácter de extraordinarias cando nelas se traten temas específicos ou de oportunidade, corres­pondendo neste caso a convoca­toria ao presidente.

  5 - Para a válida constitución do órgano, para os efectos de celebración de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a presencia do presidente e do secretario ou, de ser lo caso, daqueles que os substitúan. O quorum para a válida constitución do órgano colexiado será o da maioría dos seus compoñentes. De non existir quorum, o órgano constituirase en segunda convocatoria media hora despois da sinala­da para a primeira, cos membros que estean presentes.

  6 - Os acordos tomaranse por maioría simple de votos, agás nos casos contemplados no artigo 11.2 e nos apartados b) e l) do artigo 7º deste Regulamento, que precisarán dunha asistencia de dous tercios da Xunta Consultiva. Nestes últimos casos, se ao evacuaren o informe precepti­vo as dúas terceiras partes dos seus compoñentes mostrasen desconformidade con algunha das súas propostas, o presidente devolverá á súa orixe a citada proposta para a súa reconsideración. No caso de empate á hora de tomaren un acordo, dirimirá o mesmo o voto do presidente.

  7 - O presidente, de seu ou a petición dalgún membro da Xunta Consultiva, poderá incorporar ás sesións a persoas expertas nas materias que se vaian tratar, quen terán voz mais non voto e só asistirán á parte da sesión na que corresponda debater o asunto para o que se lles requira. 

  8 - Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, a non ser que estean presentes tódolos membros do órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría.

  9 - Aqueles que acrediten a titularidade dun interese lexítimo poderán dirixirse á Secretaría da Xunta Consultiva para que se lles expida unha certificación dos seus acordos. 

Artigo 6º

1- De cada sesión que celebre a Xunta Consultiva o secretario redactará acta, na que se especificarán necesariamente os asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias do lugar e tempo en que se celebrou, e os puntos principias das deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados.

2- Na acta figurará, por solicitude dos respectivos membros do órgano, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifiquen, ou o sentido do seu voto favorable. Así mesmo, calquera membro terá dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que achegue no acto ou no prazo que sinale o presidente, o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar na acta ou uníndose copia á mesma.

3- Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular voto particular por escrito no prazo de corenta e oito horas, que se incorporará ao texto aprobado.

4- Cando os membros do órgano voten en contra ou se absteñan, quedarán exentos da responsabilidade que, de ser o caso, poida derivarse dos acordos. 

5- As actas aprobaranse na seguinte sesión plenaria. Non obstante, o secretario poderá emitir certificación sobre os acordos específicos que se adoptasen, sen prexuízo da ulterior aprobación da acta. Nas certificacións das actas emitidas con anterioridade á aprobación da acta farase constar expresamente tal circunstancia. 

Artigo 7º 

  Son cometidos e funcións da Xunta Consultiva: 

  a) Velar polo cumprimento das normas establecidas, promover posibles ampliacións do Parque Natural, promover a construcción e acondicionamento dos accesos precisos, administrar os fondos procedentes das axudas que á Xunta Consultiva outorguen calquera clase de entidades ou particulares, promover normas para a máis eficaz defensa e difusión dos valores e singularidades do Parque Natural, elevar propostas e realizar cantas xestións estime beneficiosas para o mesmo a través da súa función asesora e consultiva.

  b) Aprobar o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais, o Plan Rector de Uso e Xestión, e demais normativa do Parque Natural, e as súas modificacións e revisións, e velar polo seu cumprimento.

   c) Aprobar os orzamentos anuais de xestión do Parque Natural, vixiando a súa exacta execución, e aprobar a memoria anual de xestión.

   d) Informar sobre os aproveitamentos forestais, tratamentos silvíco­las e labores de todo tipo que non estean contemplados nos traballos anuais correspondentes ao Plan de Ordenación Forestal do Monte Aloia.

   e) Informar sobre a creación de novos cerramentos ou modificacións dos existentes, así como da execución de calquera obra nova, de ampliación ou de modificación das xa existentes, sen prexuízo das competencias propias doutros organismos.

   f) Informar sobre a instalación de sinalizacións non previstas nos orzamentos anuais de xestión.

  g) Informar tódalas actividades que vaian ter lugar no Parque Natural e que requiran outorgamento, prórroga ou modificación de concesión, autorización, permiso ou licenza.

  h) Informar sobre os traballos científicos e académicos que se vaian desenvolver no Parque Natural.

   i) Emitir tódolos informes que lle sexan solicitados pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

   k) Instar, no uso das facultades da Xunta Consultiva, á Administra­ción do Estado, Comunidade Autónoma, Corporacións Locais ou calque­ra Ente Público con competencia sobre os bens de dominio público, os montes de utilidade pública, espazos protexidos e os de propiedade priva­da, incluídos no territorio do Parque Natural, para acadar a legaliza­ción ou desaparición das invasións, ocupacións, aproveitamentos e instalacións clandestinas, e para que as referidas competencias se exerciten na forma máis conveniente para salvagardar os seus valores naturais.

   l) Elaborar, aprobar e modificar o seu propio Regulamento de Réxime Inte­rior, fixando as directrices xerais da súa actuación e cantas reco­mendacións estime oportunas para o seu mellor funcionamento.

   m) Delegar na Comisión Perma­nente cantas funcións estime conveniente, debendo despois esta dar conta da súa xestión ao Pleno.

   n) Delegar no secretario aquelas competencias que por considerárense de puro trámite así se acorde, debendo este dar conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre.

   ñ) Establecer comisións de traballo específicas para o estudio, xestión ou preparación de temas concretos, determinando a súa composición, obxectivos e vixencia.

   o) Distribuír e administrar os fondos da Xunta Consultiva.

   p) Promover e realizar cantos actos, iniciativas e xestións considere convenientes para fomentar o mellor coñecemento de todos aqueles aspectos que garden relación co Parque Natural e a consecución dos seus fins, incluíndo os de difusión e información dos seus valores, así como os programas de formación e educación ambiental.

   q) Colaborar coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na promoción e proxección exterior do Parque Natural e dos seus valores e, en xeral, promover e realizar cantas xestións se consideren oportunas a prol do mesmo.

Artigo 8º

  1 - A Comisión Permanente reunirase ordinariamente unha vez cada semestre, alomenos, e cando así o decida o presidente.

  2 - A Comisión Permanente poderá asumir todas aquelas competencias e funcións que expresamente lle sexan delegadas polo Pleno, sen prexuízo de que este poida reservarse o coñecemento e ratificación de cantos asuntos estime oportunos.

  3 - Ás reunións da Comisión Permanente poderán asistir volunta­riamente, con voz e voto, tódolos membros do Pleno.

  4 - É función da Comisión Permanente informar como trámite previo ao informe do Pleno e posterior aprobación pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, todo proxecto de obras, traballos ou aproveitamentos que non figuren no Plan Rector de Uso e Xestión, nas súas revisións, ou nos Plans Especiais.

  5 - A Comisión Permanente poderá convocar ás súas sesións a outros membros da Xunta Consultiva que non formen parte da mesma, así como a técnicos ou especialistas dos que a súa presencia sexa considerada necesaria ou conveña por razón da especialidade dos asuntos a tratar. Os convocados que non sexan membros da Xunta Consultiva asistirán ás reunións con voz, pero sen voto, e só asistirán á parte da sesión na que corresponda debater o asunto para o que se lles requira.

  6 - Dos acordos adoptados pola Comisión Permanente deberá dar o secretario conta ao Pleno na primeira reunión deste, previo envío aos vogais do borrador da acta da sesión correspon­dente. 

Artigo 9º

  1 - O presidente da Xunta Rectora, que é designado polo Conse­lleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a proposta do Director Xeral de Conservación da Natureza, terá as seguintes funcións:

  a) Exercer a representación do órgano.                            

  b) Acordar a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias e a fixación da orde do día, tendo en conta, de ser o caso, as peticións dos demais membros formuladas coa suficiente antelación.

  c) Presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas.

  d) Dirimir co seu voto os empates, co obxecto de poder adoptar acordos.

  e) Asegurar o cumprimento das leis e dos acordos tomados pola Xunta Consultiva e a Comisión Permanente.

  f) Visar as actas e certificacións dos acordos do órgano colexiado.

  g) Exercer a inspección da Xunta Consultiva e das súas actividades.

  h) Fiscalizar a utilización dos fondos da Xunta Consultiva.

  i) Referendar os comunicados e notas que vaian ser difundidos polos medios de comunicación social.

  j) Xestionar a concesión de toda clase de axudas e subvencións que se consideren axeitadas para os fins da Xunta Consultiva e do Parque Natural.

  k) Exercer todas aquelas funcións inherentes á súa condición de presidente do órgano colexiado.

  2 - En caso de ausencia ou enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, o presidente será substituído polo vicepresidente. En ausencia de ambos, polo membro máis antigo da Xunta Consultiva ou, de seren varios da mesma antigüi­dade, polo de máis idade.

  3 - O presidente poderá, de forma xeral ou para actos específicos, delegar funcións nalgún dos restantes membros da Xunta Consultiva.

Artigo 10º

  1 -  A Xunta Consultiva contará cun vicepresidente, que terá as seguintes funcións.

a)       Substituír ao presidente en caso de ausencia, vacante, enfermidade, ou outra causa legal sobrevida.

b)       Auxiliar ao presidente no desempeño das súas funcións.

c)       Exercer as funcións que o presidente lles delegue. 

Artigo 11º

  1 -  A Xunta Consultiva terá un secretario, que será un funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente  e Desenvolvemento Sostible en Pontevedra, e que actuará con voz pero sen voto. 

  2 - O secretario da Xunta Consultiva serao tamén da Comisión Permanente. 

  3 - Serán funcións do secretario: 

a)  Asistir ás reunións. 

  b) Efectuar a convocatoria das sesións do órgano por orde do presidente, así como as citacións aos membros do mesmo.  

  c) Recibir os actos de comunicación dos membros co órgano e, xa que logo, as notificacións, peticións de datos, rectificacións ou calquera outra caste de escritos dos que deba ter coñecemento. 

  d) Preparar o despacho dos asuntos, redactar e autorizar as actas das sesións e repartilas oportunamente aos seus membros. 

  e) Expedir certificacións das consultas, ditames e acordos aprobados e notifica­r os mesmos. 

  f) Levar os libros de rexistro de entrada e saída de documentos. 

  g) Levar a contabilidade dos ingresos e gastos cuxa administración corresponda á Xunta Consultiva. 

  h) A responsabilidade da conservación, ordenación e control dos documentos da Xunta Consultiva. 

  i) Dilixenciar e realizar os pagos que periodicamente correspondan, ou os que se deriven de acordos específicos tomados pola Xunta Consultiva.  

  k) Dar conta do cumprimento dos acordos adoptados polo Pleno na sesión anterior. 

  l) Cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de secretario. 

  3 - O secretario poderá ser auxiliado no seu cometido por persoal da Xunta Consultiva ou el que adscriba o asigne para elo a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Pontevedra, co coñecemento e aprobación da mesma. 

  4 - En caso de ausencia ou enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, o secretario será substituído polo director do Parque Natural ou, en ausencia deste, polo membro máis moderno da Xunta Consultiva ou, de seren varios da mesma antigüi­dade, polo de menos idade. 

Artigo 12º 

  1 - A Xunta Consultiva poderá contar para a xestión e realización dos seus cometidos cos medios económicos que proveñan de contribucións voluntarias de organismos, entidades e particulares, das actividades que, sen carácter mercantil, teñan fixadas contraprestación ou retribu­ción, e de calquera outra fonte legal de ingresos. 

  2 - A forma de administrar os fondos da Xunta Consultiva será decidi­da polo Pleno, mais, en todo caso, corresponderá ao presidente e mailo secretario ou, alomenos a este último en unión doutro membro da Xunta Consultiva, dilixenciar e realizar os pagamentos. 

Artigo 13º 

  1 - O presente Regulamento de Réxime Interior entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación polo Pleno. 

  2 - Para calquera modificación do Regulamento de Réxime Interior será necesario o voto favorable de alomenos dous tercios do Pleno da Xunta Consultiva.                             

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

 

DO ESTEIRO DO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

ðARROIO VILACHAN