EQUIPO RESPONSABLE
 
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................ José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis Dorado Senra (Dereita)
 
 COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
 
GUÍA  ANABAM  DAS

 

ÁREAS  RECREATIVAS  DO  BAIXO  MIÑO
Área recreativa da Abilleira
 
Concello:    Tui
Parroquia:  Ribadelouro
Lugar:         Porto de Bouzas
 
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X    528115
                                                                              Y  4661330
 Instalacións:    - Acceso a persoas con discapacidade
                         - Fonte – Auga potable
                         - Bancos e mesas
                         - Asadores
                         - Parque infantil
                         - Parque adultos
                         - Pistas deportivas
                        
Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si
Autor e data das fotografías:   Luis Dorado Senra, 16 -03 -2014
 
 
 Descripción e algúns datos de interes
 
 No que antigamente fora unha canteira, na que se recuperou o espazo con recheos de terra, atopamos esta fermosa área recreativa, situada ao pe da Serra do Galiñeiro e a 100 m do regato San Simón, tamén coñecido polos amantes da pesca por ser un  regato moi troiteiro. Aproximadamente a 500 m, na ladeira da serra, atopase a famosa cova da Trapa, redescuberta no ano 2007, co valor engadido de ser a segunda cova granítica mais longa de Europa e a  curiosidade do interese que se di que puxeron nela os investigadores da NASA.
 O arborado da área está formado principalmente por frondosas caducifolias como carballos e bidueiros,
ten tamén árbores de carácter máis ornamental como o liquidámbar.
 Próxima a esta Área, no barrio do Cotarel, ao carón do  río San Simón, hai un muíño no que se sigue moendo hoxe en día, e no lugar instaláronse unhas mesas con asadores e balancíns para os mais pequenos, que tamén se bañan nun remanso que fai o regato San Simón.
 
 
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.
 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.
 
Actualización: 21-09-2014
Pedra con placa homenaxe ao fundador da Área, detras casa da comunidade
 PORTADA   BAIXO NIÑO   ÍNDICE  E  MAPA  INTERACTIVO DAS  ÁREAS RECREATIVAS