FAUNA DO BAIXO MIÑO

 

-Polyommatus icarus -

 

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

FAUNA

ENTOMOLOXIA

INSECTOS

COLEOPTERA

HYMENOPTERA

HEMIPTERA MANTODEA LEPIDOPTERA  
HETEROCERA ODONATOS ORTHOPTERA DIPTERA     EIRUGAS LARVAS INSECTOS  

 

   

Actualizada 07-06-2015

PRIMEIRA CITA PARA A GUARDA

 

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

 

        Temos a primeira cita para A Guarda desta bolboreta de mediano tamaño. A observación foi feita o pasado 2 de maio por Ricardo da Silva Diz e Agustín Ferreira Lorenzo, ámbolos dous membros de ANABAM. Achábase pousada sobre unha erica, na área recreativa de Chans, faldas do Monte Santa Trega, día un tanto anubado, algo de vento e temperatura non alta. 

 

 

     

 

   

Actualizado o15-09-2008

ATOPADO UN RARO EXEMPLAR DE Polyommatus icarus

 

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

Foto: Luis Dorado Senra-anabam

 

 

     O traballo de campo das bolboretas do Baixo Miño, segue a depararnos interesantes achádegos tanto a nivel de especies como de fenómenos que na maior parte dos casos somentes poden verse en certas coleccións, tal ocurre co especimen achado o sábado 23 de agosto de 2008 polos membros de ANABAM Luis Dorado e Antón Ferreira, xunto cos colaboradores desta asociación o entomólogo Suso Requejo e o fotógrafo naturalista Luis Calleiras, na visita efectuada á chaira de Pinzás, un dos poucos lugares da comarca onde aparece unha das especies de flora máis amenazada a Gentiana pneumonanthe, da que depende a súa vez a bolboreta Maculinea alcon. Precisamente a visita efectuada a Pinzás tiña por obxecto comprobar in situ a presencia desta última bolboreta, da que aínda non tiñamos información nesta área,  xa que, por visitas anteriores, sabiamos da existencia de genciana. A prospección á mencionada zona resultou un éxito en tódolos aspectos o que pon de manifesto, unha vez máis, o importante valor ecolóxico que ten a chaira de Pinzás, situada ao norte do municipio de Tomiño. Esta chaira pertence en parte ao concello citado e en parte ao de Gondomar.

 

     O exemplar achado de P. icarus, presentaba as ás de macho e femia. A parte esquerda tiñan a cor típica de macho, mentres que ás da dereita era as correspondnetes a unha femia, tal e como se pode apreciar na fotografía.