PRACTICAS UNIVERSITARIAS 2020 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PRACTICAS UNIVERSITARIAS 2020

COLABORA
ASINADO CONVENIO DE COLABORACIÓN


   Ademais, tamén o CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) A Granxa de Ponteareas interesouse para que alumnos dese centro poidan realizar as prácticas en ANABAM.



PRACTICAS EXTERNAS
Máster Biodiversidade Terrestre:
Caracterización, Conservación e Xestión

CURSO ACADÉMICO 2020-2021


- Un ano máis, ANABAM pon en marcha a posibilidade de que estudantes da rama de Bioloxía, poidan realizar as súas prácticas nesta asociación.

          -As persoas interesadas poden teñen dúas opcións para elexir:
                  OPCIÓN PREFERENTE: 1 abril a 31 de xullo
              OPCIÓN ALTERNATIVA: 10 xaneiro a 31 de marzo
              OPCIÓN POSIBLE: 1 setembro a 20 decembro
              
         -A realización das prácticas pode centrarse nunha determinada actividade ou en varias das que máis adiante se sinalan, o cal será determinado pola propia asociación.

         -As prácticas poden desenvolverse en calquera zona da bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia e marxe portuguesa do río Miño dende Valença ata Paçô).

        -Algunhas das prácticas precisan de medio de transporte, polo que se valorará, se fose o caso, este requisito.

        -Inicialmente a xornada diaria é de 5/6 horas, de luns a venres, normalmente en quendas de mañán (tres), e de tarde (dúas). Ademais, cada fin de semana debe enviarse unha memoria do realizado durante a semana. Por necesidades, dependendo da actividade a desenvolver, pode que nalgún momento haxa que partir a xornada ou, mesmo, desempeñar puntualmente algún labor durante o fin de semana.

        - O número máximo de prazas ofertadas é de catro por cada período.

        -Por tratarse dunha ONG conservacionista que destina os seus recursos económicos aos proxectos e accións ambientais que desenvolve, non é posible remunerar as prácticas, no obstante, se fose o caso, pode concederse unha axuda para as actividades que precisan de desprazamento (uso de vehículo) tomando como centro de partida o concello da Guarda.

Calquera dúbida ou máis información contactar por
                                 WhasApp: 61 61 80 557
  Ou correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com


OPCIÓN PREFERENTE: 1 abril-31 xullo

a/ PROXECTO PÍLLARA/BORRELHO: Protección e seguimento da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias do norte de Portugal.

b/ PROXECTO LARUS: Censo e seguimento de niños e polos de gaivota, preferentemente no municipio da Guarda, extensible a outros da bisbarra do Baixo Miño.

c/ PROXECTO COTORRA: Censo e seguimento de cotorras de peito gris (Myiopsitta monachus) e cotorra de Kramer (Psittacula krameri) no Baixo Miño.
 
d/ PROXECTO BEMBIX: Seguimento da nidificación da avespa Bembix rostrata e fauna asociada a ela no municipio da Guarda (praia de Camposancos, Monte Terroso aínda que eventualmente poden ser elixidos outros enclaves).

e/ PROXECTO COREMA: Censo e toma de datos da Camariña (Corema álbum) no piñeiral de Camarido (Caminha).

f/ PROXECTO ANDORIÑA: Censo e seguimento da nidificación de andoriñas na bisbarra do Baixo Miño, particularmente da andoriña de cu branco (Delichon urbica) e da andoriña dáurica (Cecropis dáurica), sen descartar as restantes especies.

f/ PROXECTO FLORA AMEAZADA: Distribución de Honckenya peploides, papoula mariña (Glaucium flavum) e cardo dourado (Scolymus hispanicus) na costa galego-portuguesa do Baixo Miño.

g/ PROXECTO ELANIO: Seguimento do elanio azul (Elanus caeruleus), ave de rapina que dende hai uns anos está presente no Baixo Miño.

h/ PROXECTOMIÑATO QUEIMADO: Seguimento do miñato queimado (Milvus migrans), ave de rapina que dende hai uns anos está presente no Baixo Miño.

i/ PROXECTO HERBA DA PAMPA: localización desta especie Cortaderia selloana nos municipios galegos do Baixo Miño.

i/Ampliable a outras que se poidan considerar de interese no momento de realizar as prácticas.
 

OPCIÓN ALTERNATIVA: 10 xaneiro-31 marzo

   -a/ CENSO AVES ACUÁTICAS e seguimento de certas especies que consideremos de interese excepcional para este enclave como: aguia peixeira (Pandion haliaetus), tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) na desembocadura do Miño.

    -b/ Presenza do molusco Siphonaria pectinata na costa do Baixo Miño.

    -c/ PROXECTO COREMA: Corema album no piñeiral de Camarido (Caminha).

  -d/Censo e seguimento da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias do norte portugués.

     -e/ A lontra (Lutra lutra) na desembocadura do Miño.

     -f/ O sapo de esporóns (Pelobates cultripes) na Serra da Groba.

   -g/ PROXECTO EURYNEBRIA: Seguimento do escaravello Eurynebria complanata nas praias do norte portugués.

    -h/ PROXECTO PALMEIRA: nos municipios de O Rosal, Oia, Tomiño e Tui. Estudio da situación actual das palmeiras no Baixo Miño logo da problemática ocasionada polo picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus).

-Ampliable a outras que se poidan considerar de interese no momento de realizar as prácticas.


OPCIÓN POSIBLE: 1 setembro-20 decembro

   -a/ CENSO AVES ACUÁTICAS e seguimento de certas especies que consideremos de interese excepcional para este enclave como: aguia peixeira (Pandion haliaetus), tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) na desembocadura do Miño.

    -b/ Presenza do molusco Siphonaria pectinata na costa do Baixo Miño.

    -c/ PROXECTO COREMA: Corema album no piñeiral de Camarido (Caminha).

  -d/Censo e seguimento da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias do norte portugués.

     -e/ A lontra (Lutra lutra) na desembocadura do Miño.

    -g/ PROXECTO EURYNEBRIA: Seguimento do escaravello Eurynebria complanata nas praias do norte portugués.

    -h/ PROXECTO PALMEIRA: nos municipios de O Rosal, Oia, Tomiño e Tui. Estudio da situación actual das palmeiras no Baixo Miño logo da problemática ocasionada polo picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus).

-Ampliable a outras que se poidan considerar de interese no momento de realizar as prácticas.

Regreso al contenido