Asociación Naturalista "Baixo Miño"

- anabam -

A NATUREZA DEPENDE DE TODOS NÓS

Colabora con ANABAM na súa defensa

FAITE SOCIO DESTA ASOCIACIÓN

 

ANABAM

   -ANABAM

 

   - EVENTOS -  ACTIVIDADES - ACTOS

 

   -LEMBRANZAS

 

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 

 -ASOCIARSE

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL

VOLUNTARIADO

CURSOS

PUBLICACIÓNS

 

 

INICIO

PORTADA

INDICE XERAL

PORTADAS ANTERIORES

 

SECCIÓNS

XEOLOXÍA
PEGADAS
FENOLOXÍA
FAUNA
INFORMACIÓN
AGRESIÓNS
VARIOS
CARTAS

 

PLAN  DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES
CAMARIÑA
CHARAXES
PÍLLARA
EURYNEBRIA
PRAIA CAMPOSANCOS

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS
VARAMENTOS TARATARUGAS
VARAMENTO FOCAS
ATROPELADOS
BOLBORETAS
ENCICLOPEDIA DA BIODIVERSIDADE
ENCICLOPEDIA DAS ESPECIES INTRODUCIDAS

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

VISITAS GUIADAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROSPECCION COSTEIRA

 

 

 

 

RESPONSABLES DO TRABALLO

       

Manuel Ángel Pombal Diego

                        Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

INFORMACIÓN DE VARAMENTOS E ENVÍO DE DATOS  A ANABAM: 

 

MÓBIL: 616180557

TELÉFONO: 986 627255

 986 611799 (Tardes)

 

Envío de datos e/ou fotografías: anabam.anabam@terra.es

 

COA COLABORACIÓN DE CEMMA

 

 

IR A CETÁCEOS 2006

IR A CETÁCEOS 2007

VARAMENTOS TARTARUGAS

IR A RORCUAL ALIBRANCO

IR A VARAMENTO CETÁCEOS 2008 (FICHAS)

IR A MAPA VARAMENTOS 2008

IR A ANÁLISE DOS VARAMENTOS 2008

 

IR A VOLUNTARIADO

PRÓXIMAS DATAS DE PROSPECCIÓN

 

Actualizado o 29-05-2008

 

 
 

PRÓXIMAS DATAS DE PROSPECCIÓN COSTEIRA

PARA RECOLLIDA DE DATOS DE POSIBLES VARAMENTOS DE  CETÁCEOS, TARTARUGAS E FOCAS.

 

XUÑO

 

DO XOVES 6 AO DOMINGO 8

DO XOVES 27 AO DOMINGO 29

 

 

As persoas que desexen colaborar nestas prospección poden poñerse en contacto con ANABAM para asignarlles as cadrículas correspondentes.

 

Tamén as persoas que estean interesadas na prospección dunhas determinadas cadrículas ou que acostuman facer percorridos pola costa do Baixo Miño, poden enviarnos os datos que recollan dos varamentos que observen, sen necesidade de ter que axustarse ás datas "oficiais"

 

 

ZONA DE PROSPECCIÓN:

 

   Dende a desembocadura do Miño ata o límite de Oia con Baiona (Cabo Silleiro).

   Concellos de: A Guarda, O Rosal e Oia.

 

MATERIAL CONVINTE PARA A PROSPECCIÓN:

 

-Caderno para anotacións.

-Metro

-Se é posible cámara fotográfica.

-Cartografía que se pode obter do SIXPAC (ou SIGPAC).

 

 

DATOS MÍNIMOS:

 

-Localización (Concello  e coordenadas UTM)

-Referencias (datos que permitan coñecer máis ou menos con exactitude o lugar: unha casa,...

-Estado no que se atopa o animal.

-Especie (se a coñecemos)

-Lonxitude total.

-Macho ou femia.

-A ser posible algunha (s) fotografía (s).

 

 

ALGÚNS DATOS IDENTIFICATIVOS:

 

 

O golfiño común presenta no padal superior dúas acanaladuras. Cando os ósos non están limpos, éstas non se ven, pero pasando os dedos  (convén poñer luvas) notarémolas perfectamente.

 

 

 

Cetáceos: os machos presentan dúas aberturas separadas: a flecha vermella sinala o ano. A flecha amarela a zona xenital. Habitualmente o pene aparece no exterior (fotografía superior), aínda que non sempre.

 

 

As femias dos cetáceos soamente presentan unha abertura (flecha vermella); a ámbolos dous lados dela están as mamas (flechas verdes).

 

 

 

PROSPECCIÓN COSTEIRA  (22-12-2007) 

Actualizado o 14-01-2008

Percorrido: 

1º Tramo: dende o Porto de Oia ata as proximidades de Porto de Fonte de Mañas.

2º Tramo: Dende o Porto de Oia ata o Porto da Xamúndez (Pedornes).

3º Tramo: Dende Porto Senín ao Porto de Mougás.

         Duración: unhas 2 h.

         Colaboradores: Manuel A. Pombal; Ricardo Portela; Antón Ferreira; Luis Dorado e Agustín Ferreira.

 

CETÁCEOS LOCALIZADOS:

         Soamente houbo rexistros no segundo dos tramos citados.

 

             Un golfiño común (Delphinus delphis) xa en avanzado estado de descomposición. Media 120 cm (o seu tamaño real era algo superior posto que xa non tiña aleta caudal e o seu morro estaba moi deteriorado). Trátase dun macho de golfiño común. Este cetáceo estaba varado nunha praia de bolos a altura do cemiterio de Oia (zona de Condomínguez), preto duns farallóns que sobresaen coa marea mediada. Tomáronse varias fotos.

 

              O outro cetáceo localizouse no porto de Ribasaltas (Pedornes), unha coñecida praia de bolos onde sole acumularse gran cantidade de argazo cando hai mar de fondo. Trátase dun golfiño común que estaba en avanzado estado de descomposición, presentando unicamente a súa osamenta recuberta por restos da pel. Recollemos mostras de vértebras, discos intervertebrais, costelas e parte do cranio e do seu bico. Varias fotos.

OUTRAS ESPECIES LOCALIZADAS

        Tamén no segundo dos tramos citados.

         A un metro de distancia do último golfiño localizamos os restos dun corvo mariño, tamén en avanzado estado de descomposición, pero facilmente recoñecible polas características do seu pico. Recollemos a cabeza enteira (cranio + pico). Varias fotos.

              

 

Ricardo facendo unhas fotos aos restos do corvo mariño.

 

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

 

DO ESTEIRO DO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

ðARROIO VILACHAN