MIÑATO COMÚN
-Buteo buteo-
     O miñato común é a ave de rapina máis doada de observar de cantas habitan no Baixo Miño.
 
     Distribúese practicamente por toda a bisbarra, a excepción do núcleo das zonas máis urbanas.
 
     É frecuente vela pousada nos cables de electricidade ou nos postes que bordean as estradas.
 
     En moitas ocasións delatan a súa presenza emitindo un son que lembra ao maullido dun gato. Este son emíteno en voo.
 
    
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
                                     
Agustín Ferreira Lorenzo
CARACTERÍSTICAS:
 
    É un ave de mediano tamaño, semellante ao dunha gaivota crara.
 
     Ollos marróns claros. 
 
     Plumaxe maiormente castaña. No peito poden aparecer plumas brancas. En voo, pola parte inferior das ás, destacan as puntas das plumas escuras e mancha blanca bordeando as mesmas.    
 
     O peteiro é negro na parte dianteira, máis claro nas narinas.
 
     Patas amarelas, as plumas só cubren os muslos, deixando os tarsos ao descuberto. Estes son de cor amarelo.
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Ángeles Villasenín Álvarez
     Anverso e reverso dunha das plumas secundarias dun miñato. Estas plumas son máis curtas que as primarias, tamén son máis anchas. Sitúanse na á, unidas ao cúbito. Rematan en curvatura.
     Un miñato pousado nun rochedo nun monte de Loureza (Oia).
AVES  DE  RAPINA  DIURNAS
DO BAIXO MIÑO
PORTADA
FAUNA
ÍNDICE RAPINAS DIURNAS