AGUIA  PEIXEIRA
-Pandion  haliaetus-
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
                                     
 
Luis Dorado Senra
AVES  DE  RAPINA  DIURNAS
DO BAIXO MIÑO
CARACTERÍSTICAS:
 
     Tamaño mediano, similar ao dunha gaivota clara.
 
     O contraste da súa plumaxe, blanco e marrón, fáena facilmente identificable entre as aves de rapina presentes nesta bisbarra.
 
     Inferiormente predomina a cor abrancazada.  A cabeza tamén presenta esta cor. Unha mancha escura parte do ollo, a ambos lados da cabeza. Franxa pectoral escura.
 
   
     Poderiamos dicir que a aguia peixeira é a xoia da corona do Esteiro do Miño. Nesta bisbarra, ata os primeiros anos deste século, a súa presenza no Baixo Miño era anecdótica sendo todo un acontecemento a súa observación. Pero a partir de mediados da primeira década deste século, comezou ser habitual e hoxe xa forma parte das especies frecuentes ao longo do curso do Miño, dende a desembocadura ata Tui-Valença, onde poden verse case que todo o ano e ata tres exemplares.
Luis Dorado Senra
Luis Dorado Senra
Luis Dorado Senra
     No mapa adxunto podemos ver a área pola que se move a águia peixerira. A cor verde representa a principal zona de alimentación, onde captura peixes, tanto no interior do río como próxima ás beiras do mesmo.
 
     Ademais, en azul celeste, es ave de rapima sobrevoa gran parte do último tramo do río.
PORTADA
FAUNA
ÍNDICE RAPINAS DIURNAS