AVES  DE  RAPINA  DIURNAS
DO BAIXO MIÑO
PENEIREIRO  CINCENTO
-Elanus caeruleus-
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Silvia Bautista Salgueiriño
Javier Sánchez 
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
                                     
CARACTERÍSTICAS:
   
        Ave de pequeno tamaño, algo menor que ao dunha pomba.
        Partes superiores cincentas e inferiormente brancas. Ás cos extremos (primarias) inferiores escuras. Ás pola parte superior, na zona anterior, escura tamén.
     Ollos vermellos.
 
   
Ricardo da Silva Diz
    En azul celeste área principal de campeo do peneireiro cincento, coincidente coa área de nidificación. En verde, zona pola que se observan os peneireiros..
     O Peneireiro cincento é un ave de presenza pouco habitual en Galicia, en consecuencia, no Baixo Miño tamén. A primeira cita que temos en ANABAM corresponde ás observacións efectuadas polo axente de Conservación da Natureza, Emilio Alonso, quen o observara en tres ocasións en Guillarei (Tui), nos arredores da depuradora. Isto acontecía o 30 de outubro do ano 2010.  

    O cículo amarelo sinala a zona pola que se movía o peneireiro nas primeiras observacións desta especie. No mapa o cadro verde onde foi observado.

O peneireiro cincento é unha nova especie para o Baixo Miño. Os primeiros datos da súa presenza nesta bisbarra son do ano 2010 e dende entón é sedentaria nesta bisbarra, tendo a súa principal área de cría na Veiga de Anceis, onde aniña unha parella.
 
     O número máximo de exemplares andará polos tres catro como máximo (datos 2017)
    A fotógrafa, Laura Lago nos informaba de dúas novas citas, pero nesta ocasión en Tomiño, próximo ao Instituto. A primeira delas corresponde ao día 15 de decembro de 2010, observado tamén en días posteriores por Araceli Ozores P. e Carlos Villanueva D. Laura lago volve comunicarnos a observación dun exemplar o 21 de xaneiro de 2011, polas proximidades das anteriores observacións.
Laura Lago, 31/12/2010. Tomiño
Laura Lago, 21/01/2011. Tomiño
     Na Veiga de Anceis, no mes de outubro de 2012, dous membros de ANABAM, Silvia Bautista Salgueiriño e Javier Sánchez, observan primeiro dous exemplares e , posteriormente, tres exemplares (véxase á esquerda a fotografía obtida nese día). Mesmo algún destes individuos, ou os tres, poderían ser exemplares inmatuross nados nesta área. Tanto javier como Silvia, veñen facendo un seguimento do peneireiro dende o verán dese ano. 

      A Veiga de Anceis sitúase nunha ampla chaira, formada por campos de cultivo, ao norte de Valença, na ribeira do Miño.

Javier Sánchez. Veiga de Anceis
RÍO  MIÑO

     Nesta fotografía rea (Sixpac) sinálanse dous dos pousadeiros utilizados polos peneireiros así como a situación do niño, polo que, grazas ás observacións levadas a cabo polos dous membros de ANABAM citados, temos confirmado que esta especie cría no Baixo Miño galego-portugués. Este é o primeiro dato que coñecemos sobre a reprodución da especie nestas terras.

 

     A Veiga de Ancéis é unha chaira formada por campos de cultivo, fundamentalmente de millo, que está bordeada por un estreito bosque de ribeira formado predominantemente por amieiros e salgueiros, entre os que se mesturan loureiros e carballos xunto con outras especies arbóreas, ademais de silveiros.  Este é o hábitat típico polo que se move o peneireiro.

 

 

Javier Sánchez. Veiga de Anceis
Javier Sánchez.
Javier Sánchez. Veiga de Anceis

      Aínda que non é de moi boa calidade a fotografía, pode observarse a un dos peneireiros no interior do niño (24-02-2013, 18,50 horas), O día anterior observárase unha cópula.

       No ano 2013, por segundo ano consecutivo, confírmase novamente a nidificación do peneireiro cincento na Veiga de Anceis, pois o 7 de abril dese ano é observado un polo no interior do niño e aos proxenitores dándolles alimento. Poucos días despois confirmaríase a presenza dun segundo polo no interior do niño. O seguimento da especie nese ano correu a cargo de Silvia Bautista e Javier Sánchez.

     O domingo 5 de maio 2013, un dos polos xa deu os seus primeiros pasos fóra do niño, logo de facer os "necesarios e aconsellables exercicicos de quecemento". O outro dos polos permaneceu agochado.

    

 

 

     Imaxe superior central, cópula da parella de peneireiros cincentos presentes na Veiga de Anceis.
 
     Á dereita, o macho achegándose onde a femia.
Luis Dorado Senra
Luis Dorado Senra
Luis Dorado Senra

       A primeiros de novembro do 2013, Javier e Silvia enviaban o seguinte informe: “de novo temos que informar felizmente que a parella que aniñou estes dous anos atrás (2012/2013)na Veiga de Anceis (Valença do Minho) continúa como residente permanente. Non coñecemos se se trata exactamente da mesma parella doutros anos, xa que as femias tenden a deixar o niño e a zona de cría no momento en que os polos nacen, e así os machos son os encargados de alimentar e coidar a prole. Se sabe, por estudos noutras áreas onde abunda esta especie, que as femias van na procura doutros machos para aparearse de novo.

   Nestes días detectamos a presenza de dous individuos nas proximidades do niño no que criaron este dous últimos anos. Tamén temos observado outro individuo solitario a uns 150 metros rio abaixo, en ámbolos dous casos, no momento de observalos se situaban no alto de pousadeiros a carón do Río Miño.

 Destaca o carácter claramente territorial desta especie, o cal non deixa nunca o seu territorio se éste lle proporciona o alimento que necesita. A Veiga de Anceis parece posicionarse como o lugar idóneo para esta parella posiblemente por este motivo.

    As primeiras observacións desta tempada outono- inverno coincidiron en días de moita chuvia. A tónica xeral foi dunha actividade baixa por parte dos individuos, xa que nas tres horas de observación non se moveron dos seus postos de vixiancia, posiblemente pola pouca actividade das súas presas debido ás citadas condicións meteorolóxicas. En cambio, o dia 16 de este mes de novembro, que foi moi soleado, ainda que coa presenza de vento, foi un ir e vir dos pousadeiros ás zonas de caza.

 

 

 

 

       No ano 2014 o peneireiro volve a aniñar, pero nese ano abandonan o niño no que utilizaran por dous anos seguidos (2012 e 2013) para construír un novo a uns 100 metros ao oeste do anterior. Ao igual que no primeiro niño, o emprazamento elixido é unha árbore na beira do río, construíndo o niño nunha das pólas máis altas.

     A illa que hai fronte a onde se atopa o niño xoga un papel moi importante como lugar de seguranza. En numerosas ocasións, mesmo para facer estas fotografías, a parella realizou voos de fuxida cara pousadeiros na illa ó verse soprendida pola presenza humana nas inmediacións como foi o caso. Esta é unha especie moi huidiza que ainda que soporta a presenza humana na zona, procura sempre manter a distancia.  

   En canto a presencia de competidores nas inmediacions, non se detectou, como noutros anos, a presenza de miñato comúnButeo buteo) e miñato queimado (Milvus migrans). O peneireiro cincento inverte moito do seu tempo en protexer á área de nidificación, tratando de expulsar ás especies que compiten polo alimento. Sen embargo, a localización do niño deste ano sitúase preto doutro construído o ano pasado por unha parella de miñato queimado.  

 

 

 I
II 
III 
IV 
VI 
VII 
VIII 
IX 
XI 
XII 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Cópulas
Polos no niño
Voan os polos
DATOS NIDIFICACIÓN NO BAIXO MIÑO
Luis Dorado Senra
PORTADA
FAUNA
ÍNDICE RAPINAS DIURNAS