Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
AVES  DE  RAPINA  DIURNAS
DO BAIXO MIÑO
GABIÁN  COMÚN
-Accipiter nisus-
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
                                     
CARACTERÍSTICAS:
 
    Ave de tamaño pequeno.
 
     Dimorfismo sexual: Femia, ollos amarelos e peito abrancazado. Macho, ollos vermellos, meixelas rubias e peito arrubiado.
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Luis Dorado Senra
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
Agustín Ferreira Lorenzo
     Segundo as notas recollidas en ANABAM, o gabián é a ave de rapiña máis accidentada do Baixo Miño, ben por impactos contra cristais ou por atropelo nas estradas.
     O gabián está ampliamente distribuida por toda a bisbarra. Aparece tanto no rural como nas áreas de chairas ao lado do río, monte, etc. Posiblemente sexa, xunto co miñato común, a máis común das aves de rapina que temos no Baixo Miño, onde está presente todo o ano.
     Detalle das garras dun gabián. Unllas fortes, moi curvadas e afiladas. O dedo central máis longo que os demais. Esas características están adaptadas a suxetar perfectamente ás presas que van dende as pequenas aves ata pombas e similares.
     A cola, que é de tamaño longo, está formada por doce plumas. Nas dúas fotografías inferiores pode observarse a cola polo anverso e polo reverso. 
     Nestas fotografías detalle das ás. Inferiormente, esquerda, presentan unha cor máis abrancazada que pola parte superior.
     Plumas secundarias. Atópanse nas ás. Estas son anchas e redondeadas.
 
PORTADA
FAUNA
ÍNDICE RAPINAS DIURNAS