SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo" 

 

ARÁCNIDOS

 

DO  BAIXO  MIÑO  (Arachnida)

 

Scytodes thoracica

 

 

RESPONSABLE E COORDINADOR ARÁCNIDOS: Agustín Ferreira Lorenzo

COLABORADOR ARACNÓLOGO: Antonio Melic

 

EQUIPO DE CAMPO: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo,Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

Máis información sobre entomoloxía: http://www.sea-entomologia.org

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

 

Actualizada o 18/10/16

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

Reino Animalia
Filo Arthropoda
Clase Arachnida
Orde Araneae
Família Scytodidae
Xénero Scytoides
Especie S. thoracica
Nome Común Araña escupidora

 

 

 

 

       Esta é unha araña de pequeno tamaño, apenas 5 mm, que localizamos no interior dunha vivenda, na zona centro da Guarda o 24 de xullo de 2016.

 

     Ten unha forma globosa, non fai tea e, tal e como se pode apreciar nas fotografías, as súas patas son bastante desproporcionadas con respecto ao corpo.

 

     Estas arañas necesitan unhas condicións climáticas axeitadas que parecen atopar no interior das casas. Algúns dana como abondosas pero nós, tal vez porque non nos temos fixado, non nos parece que sexa así. Será cuestión de prestar máis atención a estes bichiños "de compañía".

 

    Ocupan zonas oscuras de aí que nós a topáramos no interior dunha alacena. Foi o único exemplar que localizamos.

 

     Como podemos observar nas fotografías, son de forma globosa, tanto o abdome como o cefalotórax (prosoma). Ao parecer, estas arañas poden tardar ata tres anos en acadar a súa madurez. Os machos viven uns dous anos mentres que as femias poden chegar aos catro.