Tuberaria globulariifolia - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Tuberaria globulariifolia

BIODIVERSIDADE > FLORA
Sección Botánica "Baltasar Merino"
Nome Galego:
Nome local:
Florece: Na primavera e  verán.
Status: Escasa
Distribución: Ata o de agora rexistrada no monte Terroso (A Guarda) e Rosal.

  Nas imaxes amosamos varias flores nas que podemos ver que algunhas destas presentan na base dos petálos manchas moi pequenas ou, mesmo, faltan. Tamén pode verse detalle da forma das follas basais e unha imaxe comparativa do tamaño da flor e da folla.

Municipio: O Rosal
Lugar: A Cachada, falda oriental do monte Terroso.
Primeira observación ANABAM: 16-6-2014
Observador: Agustín Ferreira Lorenzo
   Varios exemplares floridos localizados na marxe esquerda da pista forestal que parte da Fecha, bordeando o Terroso, a escasos metros de iniciada a mesma. Cinco días despois da primeira observación, apenas quedaban exemplares con flores.
  
Municipio: A Guarda, Salcidos
Lugar: Pista forestal que parte da Casa da Comunidade de Montes de Salcidos en dirección ao Castro da Bandeira. Tamén partindo deste último lugar, na pista que colle dirección sudoeste.
Moitísimos exemplares ao longo das dúas beiras do camiño. Coas follas caídas xa.
Primeira observación ANABAM: 9-7-2014
Observador: Agustín Ferreira Lorenzo


Diámetro da corola 45 mm.
   Os pétalos, en número de cinco, son dunha forte cor amarela coa base escura.
   Detalle do centro da flor, onde se aprecia a base escura dos pétalos e os numerosos estames que conforman a mesma.
     Esta planta tense como un endemismo do NW peninsular, pero tamén está presente en Asturias (www.asturnatura.com), chega ata a metade norte portuguesa e unha franxa do sur, tamén de Portugal (www.floravascular.com).
   Citada polo xesuíta P Baltasar Merino na súa obra Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, ano 1905.
   Está citada polo naturalista Afonso Rodríguez González na parroquia de Borreiros, en Gondomar.

Regreso al contenido