Triturus marmoratus
TRITÓN  MARMORADO  OU T.  VERDE
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
05-03-2018
Orde....................... Caudata
Familia.................. Salamandridae
Xénero................... Triturus
Especie..................S. salamandra
 
Nome galego: Tritón marmorado ou verde.
 
     Outros nomes, premer AQUÍ.
Calificación para o Baixo Miño.......Non aprezamos ameazas
     IDENTIFICACIÓN:  En fase de terra posúe unha cor verde clara con xaspeado negro e unha liña vermella lonxitudinal no dorso. Na fase acuática (reprodución) cor escura e machos cunha ampla cresta. 
 
     Tamaño semellante ao da salamandra, si ben algo máis pequeno.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Lorenzo, Antonio
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
    Mapa de distribución correspondente ás observacións de tritón verde entre os anos 1987 a 1992. A figura corresponde ao Atlas de Anfibios do Baixo Miño desenvolvido por ANABAM durante os anos citados.
      Foto: Carlos Angílica Entenza
      Foto: Carlos Angílica Entenza
      Foto: Antón Ferreira Lorenzo
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
 
     En tamaño, é o segundo dos urodelos máis grandes da comarca, algo menor que a píntega común.
 
     Ten dúas fases de cor: a fase de terra, fóra do período reproductor, cunha cor verdosa rechamante sobre fondo negro e unha fase acuática, cun verde moi escuro tamén sobre fondo negro. Na fase de terra agóchase baixo pedras, troncos etc.
 
    Habita nos nosos montes, máis ou menos cerca de regatos, e tamén en zonas máis baixas, próximas ou relativamente próximas a auga ou zonas susceptibles de quedar encharcadas. Nos anos oitenta e noventa tíñamolo rexistrado na marisma de Salcidos (A Guarda).
 
   
 
     Foto superior individuo en fase de terra.
 
     Foto do centro, femia en fase acuática, reprodución.
 
     Foto da esquerda, macho en fase acuática, reprodución. Vése claramente que en fase acuática o dimorfismo entre machos e femias é moi acentuado.
   
      Foto: Antón Ferreira Lorenzo
 
     Os machos teñen a cloaca en forma redondeada, como se pode apreciar na fotografía da dereita.
 
    O tritón común entra a formar parte da súa dieta como puidemos comprobar na zona de A Valga (Oia).
 
       
 I 
 II
 III 
 IV
 V 
 VI 
 VII 
 VIII 
 IX 
 X 
 XI 
 XII
                       
COLABORADORES: Villasenín Álvarez, Ángeles
 
     En verde meses nos que ó tritón verde se atopa na fase acuática, período reprodutivo.
 Portada  Biodiversidade   Fauna   Urodelos