Lissotriton  boscai
TRITÓN  COMÚN  OU  T.  IBÉRICO
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
05-03-2018
Orde....................... Caudata
Familia.................. Salamandridae
Xénero................... Lissotriton
Especie..................L. boscai
 
Nome galego: Tritón común ou ibérico.
 
     Outros nomes, premer AQUÍ.
Calificación para o Baixo Miño.......Non aprezamos ameazas
     IDENTIFICACIÓN:  Tamaño pequeno, menor de 10 cm. En fase de terra cor aterciopelada escura. En fase de auga cor castaña, brillante.
 
     Ventre vermello e gorxa amarelenta.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Lorenzo, Antonio
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo
 Portada  Biodiversidade   Fauna   Urodelos  
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
    Ao igual que o resto dos tritóns, este presenta dúas fases correspondentes unha ao período reprodutor e outra fora dese período.
 
   Na fase de terra, cando non é época reprodutora, ten unha cor escura, aterciopelada, coa pel mate. Na fase acuática, a pel transfórmase en lisa, suave e brillante, como se pode aprezar nas fotografías.
 
      Son abondosos e podemos velos nas beiras remansadas dos regatos, en pozas de montaña e zonas asulagadas.
 
      Fóra da época reprodutora poden alonxarse bastante da auga ou mesmo seguir a carón de la. Nun e noutro caso acubillados baixo pedras, troncos, etc.
    Fotografías da esquerda, larvas de tritón común en vista dorsal e ventral. Obsérvese o grande tamaño dos dedos das patas posteriores.
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
    Detalle da zona ventral de dous exemplares de tritón. A cor vermella pode variar segundo os individuos, podendo ser máis ou menos intensa. A gorxa ten unha tonalidade amarelenta. O da esquerda é un macho e o da dereita unha femia, identificables os sexos por que un, o macho, ten a cloaca redondeada e a femia truncada, ainda que neste caso non se aprecia ben na fotografía.
    Mapa de distribución correspondente ás observacións de tritón común entre os anos 1987 a 1992. A figura corresponde ao Atlas de Anfibios do Baixo Miño desenvolvido por ANABAM durante os anos citados.
 I 
 II
 III 
 IV
 V 
 VI 
 VII 
 VIII 
 IX 
 X 
 XI 
 XII
                       
     En verde meses nos que ó tritón común se atopa na fase acuática, período reprodutivo.
 
     En azul larvas nas charcas.