SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

-INSECTOS -

 

Vanessa virginiensis

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

     

Actualizada o 25.10.2012

 
     

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

 

  Laura Lago, fotógrafa naturalista colaboradora de ANABAM, observou e fotografou por primeira vez Vanessa virginiensis no Niño do Corvo, O Rosal, sendo a segunda cita para o Baixo Miño desta especie. O acontecemento tiña lugar no mes de setembro do ano 2008. (Fotografía: Laura Lago).

 
     

 

 
   

    Ata a década dos noventa descoñecíase a súa presenza no NW peninsular. Os núcleos onde estaba citada apenas chegaban á ducia. A súa área de distribución situábase en Norteamérica e nas illas Canarias e Madeira. Ao parecer, debeu chegar ao litoral atlántico portugués e, de aí, establecer os núcleos citados.

 

   En Galiza segue a ser extremadamente escasa. Posiblemente a súa poboación estea en expansión.

(Fotografía: Laura Lago)

 
         

 

Actualizado o 30-09-2008

 O ENTOMÓLOGO SUSO REQUEJO DA A PRIMEIRA CITA DE

Vanessa virginiensis PARA O BAIXO MIÑO

 

Foto: Kim Davis e Mike Stangeland

Foto: Mauro A. Fuentes

 

DIFERENCIAS ENTRE Vanessa virginiensis (esquerda) E Vanessa cardui (dereita):

 

As dúas bolboretas teñen claras diferencias no reverso das ás. As máis chamativas e notorias

son as que están marcadas coas frechas.

 

Foto: Kim Davis e Mike Stangeland

Foto: Belen Bueno Cuesta

 

DIFERENCIAS ENTRE Vanessa virginiensis (esquerda) E Vanessa cardui (dereita):

 

Cando están pousadas coas ás abertas, a V. virginiensis, ten unha manchiña branca mentras que V. cardui carece dela.

 

 

      Agradables e interesantes sorpresas segue deparándonos o estudio das bolboretas do Baixo Miño. Segundo acaba de informarnos o entomólogo Suso Requejo --quen está a colaborar con ANABAM no estudio das bolboretas da comarca-- o Baixo Miño conta cunha nova especie.

 

      Trátase da bolboreta Vanessa virginiensis (moi parecida a Vanessa cardui, esta moi común e cuxas diferencias entre unha e outra damos máis arriba). É unha especie extremadamente rara non só no Baixo Miño ou en Galicia, senón aínda, na Península, onde soamente se atopan unhas poucas poboacións desta bolboreta. Transcribimos a nota que nos enviou Suso Requejo polo interese da mesma:

 

"Tal como vos comentei, na miña última mensaxe, atopamos na comarca varios exemplares de Vanessa virginiensis, grazas ao colaborador José Luis Álvarez Gándara, que foi capaz de fotografar un exemplar no xardín da súa casa. Esta bolboreta, orixinaria de América, ten colonias en Portugal dende fai anos e só era cuestión de tempo atopala no sur de Galicia. Afortunadamente apareceu no Baixo Miño, e pasa a sumarse á lista do proxecto que xa conta con 73 especies.

      Esta bolboreta vive como adulto, si o tempo acompaña, ata finais de novembro; polo que é moi probable que apareza noutras partes da comarca. Aos adultos gústanlle moito as flores olorosas e soen aparecer sobre algunhas especies moi atraintes para elas. Dúas destas son as Lantanas e as Buddleias, dous xéneros de plantas que moita xente ten nos seus xardíns precisamente para atraer un gran número de especies de bolboretas. Si sabedes onde hai exemplares destas plantas, non dubidedes en visitalas de cando en vez para fotografar as bolboretas pousadas; precisamente sobre unha buddleias apareceron dous dos exemplares atopados -o terceiro sobre unhas flores de trevo-. Agora hai poucas flores silvestres, e as bolboretas acuden ás plantas aromáticas como as abellas ao mel. 

Tamén, tal como xa vos comentei, si podemos atopar a súa planta nutricia, Gnaphalium luteo-album, poderiamos buscar as súas larvas e demostrar a súa colonización na zona.

 Como moitos de vos sabedes existe outra Vanessa moi parecida e moi común en Galicia, que tamén está voando nestas datas e que liba das mesmas flores, Vanessa cardui. Douvos dúas claves que ás diferencian con relativa facilidade:

 1º A V. virginiensis ten dous ocelos moi grandes no reverso das ás posteriores; mentres que a V. cardui ten catro ou cinco moito mais pequenos.

 2º A V. virginiensis ten un punto branco dentro da mancha laranxa das ás anteriores mais próxima ao marxe; esta mancha pódese ver tanto polo anverso como polo reverso. A V. cardui carece deste punto branco.

 

 

 

 

Lantana forma un arbusto moi florido que resulta altamente atrainte para as bolboretas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     Laura Lago xa vira e fotografara esta bolboreta no mes de setembro deste ano 2008 no Niño do Corvo (O Rosal). Agustín Ferreira-ANABAM, tamén observara un exemplar desta especie na subida ao Niño do Corvo a principios deste mes de setembro de 2008, mentres andaba á procura de datos doutra bolboreta a Charaxes jasius, e se ben lle chamou a atención os grandes ocelos, non lle deu máis importancia por considerar que se trataba da Vanessa cardui. Grazas á información de máis arriba, facilitada por Suso Requejo, decatouse de que o exemplar observado, era V. viginiensis.

 

Actualizado o 30-09-2008

    

 

Laura lago fotografando bolboretas nos Muíños do Folón. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

      Logo da mensaxe enviada polo entomólogo e colaborador de ANABAM, Suso Requejo, hai poucos días,  xa temos no Baixo Miño unha nova localización da bolboreta Vanessa virginiensis, o que podería sinalar que esta bolboreta puidera ser máis común do que en principio cabería pensar.

 

     Laura Lago, excelente fotógrafa das bolboretas, como nolo ten demostrado coas súas magníficas fotografías, ven de confirmar a presencia de V. virginiensis nunha zona do Rosal.

 

 

V. virginiensis, é unha bolboreta de tamaño medio, moi parecida a V. cardui, esta última moi común en todo o Baixo Miño.

    Ata a cita do entomólogo Suso Requejo, non se coñecía a presencia de V. virginiensis na comarca. Agora, Laura Lago, que colabora con ANABAM no proxecto Bolboretas do Baixo Miño, coordinado por Suso Requejo, confirma a nova localización da especie para esta comarca.

 

    As fotografías foron tomadas  o pasado domingo 28 deste mes de setembro e nelas podemos ver, con todo detalle, o reverso de V. virginiensis.

 

 

Actualizado o 30-11 -2008

  

EIRUGAS DE Vanessa virginiensis

Fotos Rafael Estévez

 

     Diferentes fases da eiruga Vanessa virginiensis atopada no Baixo Miño o sábado 15 deste mes de  novembro. As fotografías son obra de Rafael Estévez, un dos membros do proxecto Lepi-atlas co que se pretende inventariar as bolboretas diurnas (lepidópteros) de Galicia.  As eirugas fotografiadas proceden dunha das zonas do Baixo Miño na que están presentes.   estas fotografías confirman definitivamente que estamos diante dunha das especies das que non se sabía que estiveran presentes na comarca. Agora , ademais, sabemos que V. virginiensis tal vez sexa máis abondosa do que poderiamos esperar e que a súa distribución pode ser bastante ampla.

 

 

     

 

 

 

Actualizado o 17-11-2008

 

LOCALIZADAS EIRUGAS DE

Vanessa virginiensis

 

Fotos: Luis Dorado Senra

 

 

Foto: Novembro 2008

       O proxecto Bolboretas do Baixo Miño segue a depararnos agradables sorpresas. Logo de localizar, no pasado mes de outubro, exemplares adultos de Vanessa virginiensis, un equipo  formado por membros de ANABAM, Proxecto Lepi-atlas e colaboradores, (Luis Dorado Senra; Laura Lago; Rafáel Estévez; a esposa deste e como coordinador Suso Requejo) conseguiron atopar, o pasado sábado 18 deste mes de novembro, eirugas daquela especie.  Con este achádego, confírmase o que case dabamos por feito: que no Baixo Miño, a especie ten presencia estable e se reproduce con normalidade.