|
VARAMENTOS NOS CINCO
PRIMEIRIOS MESES DO ANO

Nos
cinco primeiros meses deste ano 2008, o número de varamentos rexistrados
supera os 25 exemplares, o que representa máis do doble dos contabilizados o
pasado ano. Estes datos reflicten un notable incremento, especialmente de
cetáceos, que arrastrados pola marea e as correntes, viñeron parar á costa
do Baixo Miño, pero tamén obedece a que os efectivos adicados á prospección
costeira melloraron, de tal xeito que se fan prospeccións con máis
intensidade que os que se viñan levando a cabo ata o pasado ano.


Tal e como
podemos apreciar nos gráficos, o golfiño común (Delphinus delphis) é
a especie máis numerosa e representativa nos varamentos que se producen na
costa baixomiñota. Iso danos tamén unha idea de que estes animais frecuentan
as augas próximas e son habituais víctimas dos aparellos de pesca.
|
Delphinus sp. |
Golfiño sen identificar |
1
exemplar |
|
Delphinus delphis |
Golfiño común |
24 exemplares |
|
Globicephala melas |
Caldeirón |
2
exemplares |
|
Balaenoptera acutorostrata |
Rorcual alibranco |
1
exemplar |
|
Dermochelys coriacea |
Tartaruga de coiro |
1
exemplar |
| |
|
29 exemplares |
|