Sabes que coa axuda do VOLUNTARIADO conseguimos que sairan adiante MÁIS DE CEN POLOS DE PÍLLARA DAS DUNAS?
    E sabes que ademais conseguimos que NACERAN MÁIS DE TRESCENTOS polos?
Sabías que no ano 1980 a planta Otanthus marítimus estaba practicamente extinguida na praia de Camposancos (A Guarda) e grazas ao voluntariado hoxe contamos con máis de 200 pes da mesma?
     Sabías que coa axuda do voluntariado creamos o primeiro "bosque" da península para unha bolboreta?
 
    A Charaxes jasius é unha das bolboretas máis grandes da Península Ibérica, necesita dos érbedos para subsistir. No ano 2006 levamos a cabo este proxecto coa axuda de máis de cen voluntarios.
VOLUNTARIADO  AMBIENTAL

 

COLABORACIÓNS
Que pode facer o voluntariado de ANABAM?
     Traballar na protección activa da píllara das dunas/borrelho-de-coleira-interrompida, tanto na praia de Camposancos (A Guarda) como nas do norte portugués.
     Colaborar nos censos de nidificación de gaivotas, tanto no concello da Guarda, como nos de Caminha.
     Levar a cabo periodicamente a prospección costeira na procura de varamentos de cetáceos ou tartarugas varadas na costa do Baixo Miño.
     Censar os niños de andoriña das barreiras no Baixo Miño galego-portugués.
QUERES BOTAR UNHA MAN COMO VOLUNTARI@ EN ANABAM?
PREME AQUÍ 
Portada
Voluntariado
Prácticas universitarias e
de Ciclos Formativos
Próximas Actividades
Asociarse
Actividades Voluntariado