A  NATUREZA  NECESITA  DE  TI
PROXECTO PÍLLARA/ BORRELHO
DESCRIPCIÓN:
 
     Esta actividade consiste en desenvolver medidas de protección da píllara das dunas/borrelho-de-coleira-interrompida (Charadrius alexandrinus) e de observación e estudo do seu comportamento.
 
     Para a protección hai que trasladar o material ata onde se atope o niño. Alí montar a gaiola e poñer o perímetro de seguridade.
  
     Informar aos usuarios da praia, etc.
 
 
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     En Caminha (Praias da Foz, Camarido, Moledo, Vila Praia de Âncora, Gelga) e Viana do Castelo (praias de Afife, Arda e Paçô).
 
    Na Guarda, praia de Camposancos.
 
 
PERÍODO: 
 
     Dende o 15 de abril ata finais de xullo.
 
PROXECTO LARUS
DESCRIPCIÓN:
 
     Consiste na realización dun censo de nidificación de gaivotas así como dos polos nacidos e algunhas observacións.
 
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     Núcleo urbano da Guarda e núcleo urbano de Caminha.
 
PERÍODO: 
 
     Dende o 1de maio ao 15 de agosto.
 
PROXECTO COREMA
DESCRIPCIÓN:
 
     Consiste nun censo de exemplares de camariña (Corema album) así como desenvolver algunhas medidas de protección e divulgación. Para iso se protexerán algúns pes e se colocarán carteis divulgativos nos mesmos.
 
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     Piñeiral da praia de Camarido (Mata Nacional de Camarido) en Caminha.
 
PERÍODO: 
 
     Dende o 1de maio a 15 de setembro.
 
PROXECTO ANDORIÑA
DESCRIPCIÓN:
 
     Consiste na realización dun censo de nidificación de niños de andoriña de cu branco (Delichon urbica) e toma dalgúns datos.
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     Bisbarra do baixo Miño, tanto na marxe galega como na portuguesa.
PERÍODO: 
 
     Dende o 1de maio ao 31 de xullo.
 
PROXECTO BEMBIX
DESCRIPCIÓN:
 
     Esta actividade ten un certo carácter científico xa que se trata de tomar datos do comportamento e alimentación das avespas escavadoras do xénero Bembix así como da fauna asociada a elas.
 
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     Praia de Camposancos (A Guarda).
     Monte Terroso (A Guarda)
 
PERÍODO: 
 
     Dende o 20 de maio ao 15 de agosto.
 
PROXECTO HONCKENYA
DESCRIPCIÓN:
 
     Consiste en tomar datos das poboacións de Honckenya peploides.
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     Praias do norte portugués (véxanse as citadas no Projeto Borrelho) e nunha pequena praia de Mougás (Oia).
 
PERÍODO: 
 
     Dende o 1de maio a 1 de agosto.
 
VOLUNTARIADO:
 
     A continuación damos unha relación das principais actividades nas que pode traballar o voluntariado.
    As persoas interesadas teñen que cubrir a ficha (PREME AQUÍ) e enviala a ANABAM por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com).
 
PROXECTO COTORRAS DE AXENTINA
DESCRIPCIÓN:
 
     Censo de cotorras de arxentina e área de distribución da mesma no municipio da Guarda..
ZONAS DE TRABALLO: 
 
     Municipio da Guarda
PERÍODO: 
 
     Pode facerse ao longo do ano.
 
Portada
Voluntariado
Prácticas universitarias e
de Ciclos Formativos
Próximas Actividades
Asociarse
Actividades Voluntariado