CEGOÑAS NO BAIXO MIÑO

As Cegoñas da Freguesía de Arão, un regreso esperado

 

Texto e fotos: Ricardo da Silva Diz

02-02-2018

 

     O pasado ano sorprendíanos unha parella de cegoñas que no mes de Marzo aniñaban no veciño Portugal. Concretamente na Freguesía de Arão en Valença do Minho.

     Despois de levar adiante a súa niñada, formada por  tres polos, ao finalizar o verán  abandonaron a zona, seguramente camiño do sur, na procura dun lugar mais axeitado onde poder atopar alimento.

      As cegoñas normalmente regresan aos mesmos lugares onde aniñaron con anterioridade e volven ocupar os mesmos niños ano tras ano.

     Nós tiñamos a esperanza de que as nosas cegoñas  regresaran  este  ano á Freguesía de Arão. 

      Sabiamos que non ían poder ocupar de novo o seu niño. A compañía eléctrica  retirouno ao ser abandoado polas cegoñas na súa migración. Coñecedores da querencia das cegoñas a ocupar os niños ano tras ano, situaron no lugar un artiluxio mecánico para evitar  que puidesen construir un novo niño onde traer ao mundo a súa prole.

       Nós sempre pensamos que si regresaban e se asentaban na zona,  ocuparían outro dos postes eléctricos ou algún dos  poste dos anuncios que hai próximos

      A sorpresa non é, como cabería pensar, que aniñen nun destes postes. O asombroso é que xa chegaron e levan aproximadamente unha semana facendo o niño.  O lugar elixido esta vez é o poste eléctrico que esta a seguir da liña eléctrica en dirección sur.

      Os primeiros avistamentos de cegoñas pola zona o ano pasado foron o 15 de Febreiro. No mes de Marzo comezaron a facer o niño.

      O refraneiro popular di “ Por San Blas la cigueña veras”  , que se celebra o 3 de febreiro.

      O domingo 28 de Xaneiro un membro se Anabam (Luis Dorado) observaba o novo niño das cegoñas na Freguesía de Arão informando aos demais membros da asociación da nova.

Artiluxios colocados pola compañía eléctrica para evitar que as cegoñas constrúan un novo niño.
Portada