CARBALLO DE VILAMEÁN
(TOMIÑO)
Nome científico: Quercus robur
Nome común galego: Carballo
Nome común castelán : Roble
Idade estimada: 222 anos
Localización
Concello: Tomiño
Parroquia:Vilameán
Lugar: Adro da festa
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 521593 Y 4652909
Altitude: 64 metros
Medidas
Altura: 17,30 metros ( hai que ter en conta que ten cerca de 3 metros enterrados por ampliación do adro da festa , así que chegaría aos 20 m)
Diámetro a 1,30 m : 1,15 metros
Perímetro a 1.30 m: 3,85 metros
Data das fotografías: 23 - 2 – 2012 e 2 - 9 - 2012
Observacións:
*Alá polo ano 1790, un grupo de homes deste pobo plantaron neste terreiro varios robles, un par de alcacias
e un Carballo.……………..
Polo ano 1971, unha comisión de festas aumentou o terreiro da festa e cortaron os robles que
xa estaban medio secos, con tal motivo o Carballo deixou de ser apoio do palco, porque nesta xa quedaba no medio do terreiro, como
hoxe en día.
Tamén esta comisión neste mesmo ano, ……, fixeron outro palco novo …..o que hoxe utilizamos como cantina da
festa.
Dez anos máis tarde, chegou o asfaltado do terreiro, cortouse unha das alcacias…..
No mesmo
ano fíxose un novo palco que aínda é o que hoxe temos……
Pouco a pouco, a xente deste pobo, foise dando conta do
mérito e da importancia que tiña o Carballo, chegou o ano 1988, a asociación de veciños deste pobo, por 1ª vez nas festas do Nadal
utilizou o Carballo coma árbore navideño…….
No ano 1989, a alcacia que quedaba …. secou……e o Carballo quedaba
soio.
En 1990, por esta razón , …., a xuventude deste pobo, tiveron un bo alcordo en festexar o segundo centenario
do carballo. Tiveron varias reunións , nombraron unha comisión e co axuda de toda xuventude, esta festa convertiuse en realidade.
(*Fragmento
recollido do programa da 1ª festa do Carballo no 1990 e que continúa organizándose o 3º sábado do mes de outubro)
Agradecemos
a colaboración dos veciños de Vilameán e desexámoslles que esta festa continúe moitos anos máis.