MATERIAL: A continuación expoñemos as medidas de protección que levamos a cabo en ANABAM con resultados moi positivos e que consiguen  
		que, agás algunha excepción, se protexan os ovos ao 100%.
	 
	
	
	
	
	
	
	
		    VALADO PERIMETRAL: Cun radio de 10 metros, a partir da gaiola, colocamos unha cinta que indicará  
		a área de protección. Os usuarios da praia non deberían pasar ao interior da mesma. Se a praia é frecuentada, a píllara  habituarase  
		á presenza da xente, sempre e cando non pasen ao interior do valado, e permanecerá chocando os ovos. Se a praia é pouco frecuentada,  
		é probable que a píllara se erga a miudo.
  
		 
  
		     Para este valado precisaremos 8 ou 9 estacas, dun metro de  
		alto. A cinta non convén que estea moi arriba para evitar a forza do vento, polo que podemos colocala a uns 25 ou 50 centímetros do  
		chan. Convén poñer doble cinta, suxetas unha contra outra e cada tramo atado á estaca, así se evita que no caso de rotura, quede todo  
		o valado sen cinta.
	 
	
	
		    CARTEL INFORMATIVO: Colocaremos un ou dous carteis informativos nas proximidades do valado. Nel explicamos  
		brevemente as razóns do valado e a un par de consellos, como poden ser,  non entrar ao interior e afastarse do recinto se a píllara  
		se ergue do niño.
	 
	
		GAIOLA ANTIDEPREDADORES: Feita con rede metálica, galvanizada. Disposta en forma circular, radio mínimo 0,75 metros. Altura  
		mínima, 0´5 metros. Os buratos da malla de 5 centímetros de lado. A parte superior cubrímola con simple "rede de galiñeiro",  
		cuxa función é a de evitar posibles depredadores que entren por riba.
  
		 
  
		     Os paus cruzados (que se poden  
		atopar na mesma praia) teñen por obxecto evitar posibles movementos polo vento ou que sexa facilmente levanta por algún depredador.  
		Pode empregarse outro material (pedras amarradas contra a gaiola) que cumplan co mesmo obxectivo.
	 
	
	
	
		    INFORMACIÓN: Finalmente, convén explicar aos usuarios da praia que se acercan ao valado algúns pormenosres  
		do proxecto. Que ventaxas ten o valado. Como axudamos así á píllara, etc.
	 
	
	
	
	
		    ACTUACIÓNS NA PRAIA: Non é menos importante para a supervivencia da píllara as accións que se levan a  
		cabo no areal. Así, naquelas praias nas que se efectúe a limpeza, esta debera facerse de xeito manual, que é máis respectuosa co medio  
		e causará menos dano sobre as postas e os polos.
	 
	
	
	
	
		CO APOIO ECONÓMICO DE 
 
		WEEDEN FOUNDATION
	
	
	
	
		Coordinación proxecto praia de Camposancos:
  
		                                       
		-Agustín Ferreira Lorenzo
  
		 
  
		  
		Coordinación proxecto praias norte Portugal:
  
		                                       
		-Noé Ferreira Rodríguez
  
		 
  
		   
		Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
  
		                                
		-Dorado Senra, Luis
  
		                               -Ferreira  
		Lorenzo, Agustín
  
		                                
		-Ferreira Lorenzo, Antón.
  
		                                
		-Ferreira Rodríguez, Noé
  
		                               -González  
		de Dios, Mª Consuelo
  
		                                
		-Pombal Diego, Manuel A.
  
		                                
		-da Silva Diz, Ricardo.
  
		 
  
		 
  
		Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
  
		Fotos:Luis Dorado Senra         
  
		Agustín Ferreira Lorenzo
  
		Noé Ferreira Rodríguez   
	 
	
	
		      
  
		      As píllaras/borrelhos dependen de nós. 
  
		 
  
		      
		Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ  
	 
	
	
		    OUTRO MATERIAL: Martelo; tenaciña;cuter; grapadora+grapas; bridas; silicona; cinta adesiva transparente.