No 2001 iniciamos na praia de camposancos o PROXECTO PÍLLARA e, no 20012, comezamos traballar neste  
		proxecto no norte de Portugal, bautizado aquí como PROJETO BORRELHO. Levamos xa, pois, unha morea de anos desenvolvendo medidas de  
		protección e divulgación a prol dun ave que precisa da nosa axuda. Neste senso, se non estamos mal informados, fomos pioneiros, tanto  
		no estado español como no portugués, en desenvolver medidas efectivas e prácticas para tratar de paliar, na medida do posible, a precaria  
		situación que padece esta pequena ave. Hoxe estas medidas xa teñen un carácter oficial en Galicia, por parte da Xunta e, nestes  
		intres, grazas ao CMIA de Viana do Castelo, e a persoal da asociación NUCEARTES, o proxecto espállase pouco a pouco polo veciño país.  
	 
	
		      ANABAM desenvolve toda unha batería de medidas para que o proxecto, tanto na súa versión galega como  
		na versión portuguesa, acade os mellores resultados. Neste senso, movémonos tanto na protección como na divulgación, estudo e observación  
		das píllaras. Iso permítenos ter un coñecemento permenorizado da problemática desta especie no Baixo Miño galego-portugués, así como  
		coñecer bastante ben todo o relacionado coa mesma neste recuncho do NW peninsular.
	 
	
		      A divulgación e información do proxecto é unha parte fundamental neste proceso de protección. Pero  
		tratamos de que a cousa non só quede aí, senón que pretendemos implicar á poboación, de facela partícipe dos traballos prácticos para  
		que as persoas interesadas tomen este proxecto como algo propio e, en consecuencia, que todo saia o mellor posible.
	 
	
		CO APOIO ECONÓMICO DE 
 
		WEEDEN FOUNDATION
	
	
	
	
		Coordinación proxecto praia de Camposancos:
  
		                                       
		-Agustín Ferreira Lorenzo
  
		 
  
		  
		Coordinación proxecto praias norte Portugal:
  
		                                       
		-Noé Ferreira Rodríguez
  
		 
  
		   
		Grupo de traballo:: -Angílica Entenza, Carlos
  
		                                
		-Dorado Senra, Luis
  
		                               -Ferreira  
		Lorenzo, Agustín
  
		                                
		-Ferreira Lorenzo, Antón.
  
		                                
		-Ferreira Rodríguez, Noé
  
		                               -González  
		de Dios, Mª Consuelo
  
		                                
		-Pombal Diego, Manuel A.
  
		                                
		-da Silva Diz, Ricardo.
  
		 
  
		 
  
		Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
  
		Fotos:Luis Dorado Senra         
  
		Agustín Ferreira Lorenzo
  
		Noé Ferreira Rodríguez   
	 
	
	
		      Manter conversas con outras entidades, coa administración e con grupos de traballo da píllara, forma  
		parte do noso proxecto. Por que as medidas de protección son máis efectivas cando hai moita xente implicada e todos remamos na mesma  
		dirección.
	 
	
	
		      
  
		      As píllaras/borrelhos dependen de nós. 
  
		 
  
		      
		Se queres colaborar neste proxecto como VOLUNTARI@, preme AQUÍ