Coa túa colaboración podemos seguir desenvolvendo proxectos de protección e conservación da biodiversidade do Baixo  
		Miño.
  
		 
  
		Se queres asociarte descarga a ficha premendo nela. Cúbrea e logo a envías a ANABAM por correo electrónico: 
  
		 
  
		anabam.anabam@gmail.com 
	 
	
		CUOTAS
  
		(por ano natural)
  
		 
  
		SOCIO NORMAL....................... 30 euros
  
		 
  
		SOCIO GRUPO TRABALLO....... 15 euros
  
		 
  
		SOCIO FAMILIAR.......................30  
		euros + 5 euros cada
  
		                                                        
		 membro máis
  
		 
  
		ESTUDANTE............................. 15 euros
  
		 
  
		PARADO................................... 15 euros
  
		 
	 
	
		NECESITAMOS DA TÚA AXUDA
 
		asóciate - colabora
	 
	
	
		QUERO AXUDAR ECONOMICAMENTE 
 
		NO PROXECTO QUE SINALO
	 
	
		    Se queres axudar economicamente a un determinado proxecto de ANABAM, podes elexilo premendo na ficha de abaixo  
		para descargala, procedes a cubrila e a envías ao correo electrónico: 
  
		 
  
		  
		 
  
		 
  
		Ti elixes  
		a cantidade que queres aportar
	 
	
	
	
		    Se queres participar activamente nalgún dos proxectos desenvolvidos por ANABAM, preme na ficha de abaixo para descargala  
		e cubrila. Logo enviaa a ANABAM a través do seguinte correo electrónico: 
  
		 
  
		  
		 
  
		 
	 
	
		    Soci@s e colaboradores reciben gratuitamente as publicacións editadas por ANABAM.
  
		 
  
		     Tamén  
		gozarán de ventaxas fronte @s non asociad@s.
  
		 
  
		      Pero o máis importante.... é que grazas @s 
voluntari@s, 
soci@s e  
		colaboradores,  a NATUREZA e o MEDIO AMBIENTE da bisbarra do Baixo Miño conta con xente que trata de evitar agresións,   
		que promove o estudo  e divulgación da biodiversidade e axuda a concienciar á poboación á prol do patrimonio natural.
 
	 
	
		
	
	
		      En  ANABAM traballamos para defender o patrimonio natural do Baixo Miño galego-portugués, por  
		riba de intereses políticos, económicos ou relixiosos.
  
		 
  
		     O apoio económico e/ou colaboracionista dos socios  
		e simpatizantes, é fundamental para desenvolver con máis éxito e eficacia os obxectivos que perseguimos.
  
		 
  
		     
		Faéndote socio, estás axudando á defensa do patrimonio natural de xeito independiente de calquera interese económico, político e/ou  
		ideolóxico.
  
		 
  
		     Necesitamos o teu apoio para frenar o deterioro do medio ambiente e da biodiversidade. 
	 
	
		SE ESTÁS INTERESADA/O EN FORMAR PARTE* DESTA ASOCIACIÓN, QUE LEVA MÁIS DE 30 ANOS TRABALLANDO NA COMARCA GALEGO-PORTUGUESA DO  
		BAIXO MIÑO, PODES FACELO CUBRINDO A  FICHA DE SOLICITUDE DE SOCI@
  
		 
  
		 
	 
	
		      *Non poderán formar parte de ANABAM, as persoas que agredan de xeito interesado á natureza (paisaxe,  
		biodiversidade, patrimonio arqueolóxico, etc), como cazadores, directivos e/ou propietarios de empresas que dañen a sabendas e/ou  
		non poñen os medios para evitar eses danos.
	 
	
		  
		POLÍTICA DE PRIVACIDADE:   Os datos de carácter personal aportados formarán parte do fichero da asociación tendo, como única  
		finalidade, o de ter a relación de socios e o envío de material da propia asociación. Estes datos serán tratados de forma confidencial,  
		nunca serán cedidos a terceiras persoas e serán de uso exclusivo de ANABAM.  Os socios poden acceder, rectificar ou cancelar  
		os seus datos dirixindo un escrito ó enderezo electrónico de ANABAM.