Reino: Animalia

Filo: Arthropoda

Clase: Arachnida

Orde: Araneae

Familia: Araneidae

XéneroArgiope

EspecieArgiope bruennichi

 

Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
Niño do Corvo (O Rosal) 07/09/2016

 

 

Decenas de postas de araña avespa poden chegar atoparse en certas zonas, como sucede na Valga (Oia) onde aparecen a partir de setembro penduradas do carrasco e das uces.

 

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
28/9/2016

 

 
 

     Niño de Argiope no que se pode apreciar a súa forma esférica. Dentro a araña deposita os ovos dos que sairán, ao pouco tempo as pequenas arañas pasando todo o inverno no seu interior.

 

 

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
28/9/2016

 

     Tal vez sexa, dentro das arañas que teñen un tamaño apreciable, a máis fermosa das que podemos ver no Baixo Miño.

    Destaca a súa cor, formada por bandas amarelas enmarcadas por franxas negras e separadas por outra banda abrancazada.

   A finais de agosto podemos vela facilmente a moi pouca altura do chan, onde constrúe as súas teas, caracterizadas por unha estrutura, na parte inferior, en forma de zigue-zague. A postura que adoita esta araña é coas patas estendidas e cabeza cara abaixo.

    En realidade a cor descrita corresponde á femia. O macho é de pequeno tamaño e non destaca en absoluto. A partir de finais de agosto as arañas comezan a levar a cabo a posta dos ovos.

 

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
28/9/2016
 

DATA E LOCALIZACIÓN DALGUHAS POSTAS:

 

 -24-09-2012 (Niño recén posto, Granxa Nova,
                              Camposancos, A Guarda)

 -22-12-2012 (varias postas. A Valga, Oia).

 -03-08-2013 (A Pedrada, Tomiño)

 

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
28/9/2016

 

Á esquerda a araña na súa tela onde se aprecia a característica estructura en zigue-zague.
Á dereita "cesta" construída con seda onde a araña deposita os ovos. En pouco tempo nacen as pequenas arañas xa perfectamente formadas pero pasarán todo o inverno no interior da bolsa.
 
Fotos: Luis Dorado Senra
28/9/2016
 
    Falar da araña avespa é falar dunha das arañas máis fermosas que podemos ver na bisbarra do Baixo Miño e isto, grazas á coloración que presenta a femia, como a que aparece na fotografía, neste caso un exemplar duns dous centímetros de lonxitude, que está a piques de levar a cabo a posta, o que nos indica que estamos case que a fins de verán ou principios do outono que é cando van perpetuar a especie.

     O dorso do abdome presenta uns delicados debuxos formados por liñas negras,como se os trazos fosen feitos por un consumado artista manexando un rotulador de tinta indeleble ou, se somos máis clásicos, unha plumilla e tinta china. Entre estas liñas un amarelo limón da unha nota de cor onde tamén atopamos un branco máis ou menos crema.

    As patas presentan tamén pequenas manchas negras que serven para camuflar co fondo a presenza desta araña.

 

 

    Vista dorsal e ventral.
 
Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
Niño do Corvo (O Rosal) 07/09/2016

 

 

SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"


 


Argiope bruennichi


 


(ARAÑA AVESPA OU ARAÑA TIGRE)


 

Portada
Biodiversidade
Fauna
 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 

Arácnidos