SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"


 


Thomisus  onustus

 


 

Portada
Biodiversidade
Fauna
Arácnidos
     Esta araña ten a facultade de poder cambiar de cor segundo a cor da flor na que se atope, deste xeito, resulta máis dificultoso que a potencial presa se decate da súa presenza resultando máis doada a captura da mesma. O cambio de cor non é instantáneo. Precisa normalmente de varios días.

     Pertence, xunto a outras de xéneros diferentes da familia Thomisidae, ao grupo coñecido vulgarmente como arañas cangrexo, nome debido ao par de patas dianteiros que son proporcionalmente máis grandes que as restantes, así como a forma na que se pon cando está en repouso, que lembra ás pinzas dese crustáceo.

    Esta araña, ao igual que as demais especies desta familia, atópanse sempre en flores, polo que tamén podemos denominalas como arañas das flores. Habitualmente estas son umbelíferas ou tipo “margarita”, pero sen desprezar outras formas florales. 

 

Foto esquerda: Agustín Ferreira Lorenzo
Piñeiral praia Camposancos, A Guarda, 06/2013
 
Foto inferior: Agustín Ferreira Lorenzo
A Pedrada, Oia, 08/2013

 

Obsérvese a cor destas dúas arañas, semellante ao das flores nas que se atopan.
 
 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo