SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"


 


Scytodes  thoracica

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
 
 
Portada
Biodiversidade
Fauna
Arácnidos
     Esta é unha araña de pequeno tamaño, apenas 5 mm, que localizamos no interior dunha vivenda, na zona centro da Guarda o 24 de xullo de 2016.

     Ten unha forma globosa, non fai tea e, tal e como se pode apreciar nas fotografías, as súas patas son bastante desproporcionadas con respecto ao corpo.

     Estas arañas necesitan unhas condicións climáticas axeitadas que parecen atopar no interior das vivendas. Algúns dana como abondosas pero nós, tal vez porque non nos temos fixado, non nos parece que sexa así. Será cuestión de prestar máis atención a estes bichiños "de compañía".

     Ocupan zonas oscuras. Neste caso topámola no interior dunha alacena. Foi o único exemplar que localizamos.

    Como podemos observar nas fotografías, son de forma globosa, tanto o abdome como o cefalotórax (prosoma). Ao parecer, estas arañas poden tardar ata tres anos en acadar a súa madurez. Os machos viven dous anos mentres que as femias poden chegar aos catro.

Fotografía: Setembro, 2016