SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"


 


Araneus diadematus

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
 
 
Portada
Biodiversidade
Fauna
Arácnidos
Haga doble clic aquí para modificar su texto.
     A araña de cruz, ou araña de xardín, é un dos arácnidos máis comúns que temos pola nosa bisbarra. Dende finais de setembro e ata o mes de novembro, é cando máis doado resulta observalas, pois as femias, de pouco máis dun centímetro, constrúen as súas teas entre a vexetación ou en zonas máis ou menos axardinadas, dispóndose os individuos habitualmente no centro delas. É esta, a época de reprodución, polo que se preparan para iniciar a posta.    

    Característica destas arañas son as manchas brancas que posúen no dorso do abdomen, que nos lembran unha cruz, de aí o seu nome. No centro dos brazos que forman a cruz, sempre hai unha mancha circular.

    A tonalidade é moi variable, como podemos ver nas fotografías adxuntas