SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"


 


Familia Lycosidae

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
 
 
Portada
Biodiversidade
Fauna
Arácnidos
     Esta é unha das arañas máis comúns que atopamos no litoral, entre as pedras da costa, onde saen dos seus acubillos para tratar de capturar algunha présa.  Podemos velas por ducias, illadas pero próximas unhas a outras.

    Distribúense por todo o litoral do Baixo Miño.

    Pertencen á familia dos lycósidos. As arañas da fotografía podería ser unha Pardosa ou ben unha Pirata, denominadas vulgarmente arañas lobo.

    Na figura da esquerda obserbvamos a característica disposición dos ollos dunha araña desta familia.

    O exemplar da fotografía superior foi fotografado o 25-12-2014, na costa fronte a Peña Aghoeira, no límite entre O Rosal e Oia,  nun día soleado no que se podían ollar múltiples arañas sobre as pedras.

    Ademais da disposición dos ollos, sempre en número de 8, os lycósidos se caracterizan por ter o 4º par de patas de maior tamaño que os demais.

    Os exemplares fotografados son xuvenís.